A DEPUTACIÓN ADXUDICA A CONSTRUCIÓN DUNHA SENDA PEONIL A CARÓN DO RÍO
CASELAS, NO CONCELLO DE SALCEDA
·
As obras contarán cun orzamento de 100.428 euros e serán executadas pola empresa Pérez Portela
Actuarase no treito comprendido entre Palomar de Antero e
As Regadas
·
Os traballos incluirán tamén a recuperación dun camiño
rural desde As Regadas ata a estrada municipal
Converter unha zona en estado de abandono nun espazo para
uso recreativo e poñer en valor unha área de alto valor ambiental como é o
contorno do río Caselas é o obxectivo das obras que a Deputación provincial de
Pontevedra vén de adxudicar á empresa Pérez
Portela, por un importe de 100.428,08 euros.
Os traballos consistirán na creación dunha senda peonil
na marxe dereita do río –augas abaixo- ao seu paso pola parroquia de Salceda,
no concello de Salceda de Caselas. A senda constará dun ancho de 2 metros e
unha lonxitude de 815 metros, partindo do Palomar de Antero e estendéndose ata
As Regadas.
A senda estará afirmada con zahorra natural compactada e
delimitada mediante marxes de pedra. Para corrixir os desniveis que nalgúns
puntos do paseo existen, procederase á construción de ramplas de madeira
asentadas sobre muros de pedra, mentres que para salvar as sangras de desaugue
que de forma natural verten ao Caselas, construiranse dous pontillóns de
madeira cos seus conseguintes valados de protección, tamén en madeira.
Camiño rural
Para mellorar a comunicación desta senda, os traballos
incluirán a recuperación do camiño rural de As Regadas, mediante labores de
acondicionamento do terreo e dos muros que delimitan o camiño, que se dotará
dunha capa de zahorra natural.
No linde do camiño coa senda peonil colocaranse tubaxes
de drenaxe para evitar pozas en época de choivas. Ademais, construirase un paso
de adoquíns para cruzar a estrada que desde Salceda de Caselas conduce ata o
barrio de Paxariñas.
O obxectivo é aproveitar o contorno privilexiado do río
Caselas para uso e disfrute de veciños e visitantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario