A ASOCIACIÓN NATURALISTA "BAIXO MIÑO" ORGANIZA UN PERCORRIDO POLA RUTA ORNITOLÓXICA DO ESTEIRO DO RÍO MIÑO
Será o domingo, 20 de outubro, ás 10:30 h. na Estación Ornitolóxica (a 100 metros do embarcadoiro do ferri)
Agustín Ferreira Lorenzo
Presidente de ANABAM
O vindeiro domingo 20 de outubro, ANABAM e o Concello da Guarda poñen en en marcha a “oficialidade” da Ruta Ornitolóxica pola desembocadura do Miño, con tal fin, dito día se organiza unha andaina pola mesma. A recepción dos participantes terá lugar na Estación Ornitolóxica (O Pasaxe, Camposancos, A Guarda) ás 10.30 horas, aproveitando este evento para presentar a nova cara da Estación a tódalas persoas que desexen achegarse ata a mesma. Tamén a ruta ornitolóxica está a ser preparada con novos carteis informativos e acondicionamento do percorrido. As persoas que desexen participar nesta andaina, poden inscribirse nalgún destes enderezos electrónicos:
ou
Temos que sinalar que esta andaina se inscribe dentro da campaña de fomento do TURISMO ORNITOLÓXICO no Esteiro do Miño que, dende hai catro anos, ven desenvolvendo ANABAM para fomentar un dos atractivos naturais con que conta o Baixo Miño e, particularmente, a desembocadura, tanto na súa marxe galega como portuguesa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario