O MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS SAI HOXE PARA MOSKOVA
Xogará o vindeiro domingo fronte o Zevna de Zvenigorod
Este venres, día 8 de novembro, ás 11:00 da mañá sairá á expedición do Mecalia Atlético Guardés de Balonmán feminino, para xogar o vindeiro domingo día 10, en Moskova, o encontro de ida da eliminatoria da Recopa de Europa.
A delegación guardesa está formada por catorce xogadoras, entre elas Cristina Barrios que ten un esguince no pe dereito, ainda que se prevé que iso non lle impida xogar nese encontro, fronte á unha das equipas favoritas da devandita eliminatoria. Ademáis, van os catro técnicos do clube, así como á presidenta Esperanza Iglesias Vilachá, como Delegada, e seis acompañantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario