A Deputación cubrirá todos os custes salariais dos bolseiros, así como os
de recoñecemento médico e formación en prevención de riscos
MIL
TITULADOS ESTÁN XA INSCRITOS PARA AS BOLSAS DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL EN
EMPRESAS, QUE MANTÉN ABERTO O PRAZO ATA O 12 DE NOVEMBRO
Mil
mozos e mozas titulados están xa inscritos para acceder ás bolsas do Plan de
Práctica Laboral en empresas posto en marcha pola Deputación de Pontevedra. Os
bolseiros teñen de prazo ata o vindeiro 12 de novembro para presentar as súas
solicitudes e acceder a unha das 424 bolsas convocadas, que lle darán acceso a
un ano de traballo nunha das 379 empresas que participan no programa.
A
Administración Provincial, tal e como anunciou esta mañá o seu presidente,
Rafael Louzán, non só cubrirá todos os custes laborais dos bolseiros, senón que
tamén sufragará os gastos dos recoñecementos médicos e dos cursos de formación
en prevención de riscos laborais que deben realizar.
A
necesidade de cubrir estes gastos púxose sobre a mesa na xuntanza que onte mantivo
Rafael Louzán cos responsables das empresas participantes no plan, na que o
titular da Deputación pediu a “confianza” dos empresarios nesta administración
á hora de adecuar o perfil dos bolseiros ás necesidades da empresa.
Nesta
liña, o presidente da Deputación amosouse convencido de que se cubrirán con
éxito todas as prazas (malia que hai casos coma os de técnicos informáticos
para os que se solicitan 8 bolseiros e só hai 1 inscrito nas oficinas de
emprego da provincia) e o programa rematará coa contratación laboral de
bolseiros.
Na
xuntanza, tamén se lle explicou ás empresas que no caso de que o bolseiro que
se lle adxudique renuncie á praza, o posto será cuberto polo seguinte aspirante
a ese mesmo posto e que quedara en lista de espera, mentres que se é a empresa
a que renuncia ao bolseiro, este poderá ser recolocado noutra se hai un posto
que se adapte ao seu perfil.
En
canto á posibilidade de que algún posto quede sen cubrir por falta de
candidatos co perfil demandado, a empresa afectada poderá elixir outro perfil,
sempre e cando corresponda cunha das titulacións para a que se convocaron
prazas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario