7 de nov. de 2013

MOVEMENTOS SOCIAIS

Centos de persoas concentráronse en toda Galicia contra a reforma das pensións

Imaxe da concentración diante do INSS de San Pedro de Mezonzo, na Coruña

Concentracións diante do INSS da Coruña, Ferrol, Ourense, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo.

Convocadas pola Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO, centos de persoas concentráronse hoxe en toda Galicia contra a reforma das pensións e a perda de poder adquisitivo deste colectivo, do que cada vez dependen máis familias.

O sindicato repróchalle ao Executivo central que faga recaer o custo da crise sobre os colectivos máis vulnerables, centrándose en recortar os gastos no canto de incrementar os ingresos. Daquela, a proposta do Goberno central canto ao sistema público de pensións implicaría unha mingua no poder adquisitivo destas prestacións de entre o 14 e o 28% nos próximos dez anos.

Pola contra, CCOO xa lles fixo chegar tanto ao Executivo de Rajoy como ao resto de interlocutores sociais unha serie de propostas dirixidas a incrementar os ingresos e garantir así o futuro do sistema público de pensións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario