3 de xul. de 2013

VAL MIÑOR

Posted: 02 Jul 2013 08:59 AM PDT
Tarxeta identificativa utilizada polos estafadores.Veciños do Val Miñor informan que hai un home xoven rondando as casas da comarca coa intención de realizar unha suposta revisión da instalación de gas.
O obxetivo destes estafadores son persoas maiores, principalmente soas por seren máis vulnerables.
Este tipo de reparacións só adoitan realizarse previo aviso pola compañía oficial, polo que toda actuación da que non se informou ao cliente con anterioridade pode tratarse dunha acción ilegal.
 
Posted: 02 Jul 2013 01:04 AM PDT
A Concellaría de Benestar Social e Sanidade do Concello de Nigrán informa que o IMSERSO iniciou unha nova convocatoria para a presente tempada do Programa de Vacacións para Maiores, entre os que se inclúen diferentes destinos dentro da península e Baleares, Canarias, Circuítos Culturais e Turismo de Natureza.
 
Posted: 02 Jul 2013 12:58 AM PDT
juan-maria-constitucionAlumnos e profesores do Centro Juan María levan adiante estas actividades todas as mañás na Praza da Constitución, fronte ao Concello de Nigrán. 
 
Posted: 02 Jul 2013 12:49 AM PDT
gondoveran-2013A actividade que se desenvolverá ao longo do mes de xullo acolle a nenos e nenas de entre 3 a 11 anos. Durante a primeira quincena, as distintas actividades que se desenvolverán xirarán en torno á arte.
 
Posted: 02 Jul 2013 12:40 AM PDT
Máis de cen pezas elaboradas polos alumnos do obradoiro de traballos manuais do Concello de Nigrán están expostos no Salón de Actos da Casa Consistorial. Os mesmos corresponden ás actividades desenvolvidas durante o curso 2012/2013, e poderán ser visitadas en horario de 19 a 20:30 horas ata o vindeiro domingo 7 de xullo.
 
Posted: 01 Jul 2013 11:49 PM PDT
Xoel LópezAs melodías de "Atlántico" de Xoel López soaran o próximo sábado no Náutico de Panxón á media noite.
O prezo da entrada será de 12€ anticipadae 15€ en taquilla.
 
Posted: 01 Jul 2013 11:32 PM PDT
O pleno acordou solicitar a posibilidade de trasbordos entre distintas empresas.O pleno da Mancomunidade celebrado o pasado luns, aproba por unanimidade unha moción presentada polo BNG para a introudcir melloras no servizo de transporte metropolitano realizado pola empresa concesionaria ATSA.
A moción foi levada adiante cos votos favorables do PP, BNG e CDL, ante a ausencia dos representantes do PSOE.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario