TIRO OLÍMPICO
O ROSALEIRO ROBERTO GONZÁLEZ BREY, CAMPIÓN DE ESPAÑA DE F-CLASS 900 YARDAS
Roberto González Brey
Foto: A Tiro Izares Izarestactical
Roberto González Brey (segundo pola esquerda), xunto a outros compañeiros de SOVITO (Foto: A Tiro Izares Izarestactical)
Infogauda / O Rosal
Os días 21, 22 e 23 de xuño de 2013, disputouse no campo de tiro de Parga (Lugo), o Campionato de España de F-Class, no que logo de rematar unha fantástica participación, o noso ademirado socio Roberto González Brey, de San Xoán de Tabagón (O Rosal) , que acadou unha puntuación total de 290,21 puntos, proclamouse Campión de España da categoría F-Class Open. Ademáis deste fantástico éxito, hai que sumar á victoria da Sociedade Viguesa de Tiro Olímpico (Sovito) por equipos, que neste caso representaba a la Federación Galega de Tiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario