26 de xan. de 2013

GALICIA

Yllana xira esta fin de semana coa súa última obra: Muu2¡



Será o sábado 26 en Ferrol (Teatro Jofre, 20.30h) e o Domingo 27 en Cangas (Auditorio de Cangas, 20h)

¡Muu!2 é unha sátira do mundo da tauromaquia, o sentido da honra, o machismo, a valentía, a festa nacional, o maltrato animal... E todos aqueles valores sacros nun rito que enfronta, en pleno século XXI ao home e á besta á maneira do circo romano. No espectáculo albíscanse os acenos de identidade da compañía: a conciencia da comedia, o sentido do ritmo, o uso do son como unha personaxe mais, o seu estilo directo e a actitude gamberra na súa posta en escea.
Vinte anos despois da estrea de ¡Muu!, o primeiro espectáculo da compañía Yllana, a polémica arredor da tauromaquia ten hoxe maior vixencia que entón. “¡Muu!” é revisado agora para recuperar con ¡Muu!2 o esencial desta compañía e polo pracer de revivir, sen nostalxia, aquel espírito vigoroso que nos empurra á creación. 
As entradas xa están á venda en:
Ferrol: Reserva previa pinchando AQUI
Cangas: Reservas online en Atrápalo pinchando AQUI ou no tlf 986 184 720 (de 17h a 20h)
Yllana é creatividade. Creada en 1991 como compañía de teatro de humor xestual, na actualidade ha diversificado a súa actividade no mundo das artes escénicas e audiovisuais. A súa aposta céntrase, aínda que non exclusivamente, no humor  sen palabras, irónico e interactivo, buscando no público a máis libre das gargalladas.
Un humor  universal que soubo chegar a multitude de escenario por todo o mundo. Dende o seu xenial encontro na escena, Yllana produciu 20 espectáculos, entre os que cabe salientar: Muu!, Glub Glub, Star Trip, Los Mejores Sketches de Monty Python, Pagagnini, Brokers y Zoo, representados en mais de 30 países e vistos por mais de un millón e medio de espectadores.
Para mais información contactar con:
Culturactiva: 981 58 28 36 (Manuel Vicente)

Ningún comentario:

Publicar un comentario