26 de xan. de 2013

VAL MIÑOR


Posted: 25 Jan 2013 01:30 PM PST
manifestacion-ies-auga-da-l-" A educación non é un gasto, é un investimento" dicía a pancarta que presidía a concentración docente.
 
Posted: 25 Jan 2013 01:08 PM PST
a-histoira-de-marint
O Salón de Actos do Concello de Nigrán albergará a obra infantil "A historia de Martín", este domingo 27 de xaneiro ás 18 horas. A posta en escena estará a cargo do grupo de teatro Animar-T. O custe da entrada é de 3 euros.

 
Posted: 25 Jan 2013 12:37 PM PST
paso pietierios
O mal estado no que se atopan moitas rúas e camiños de Gondomar obrigan "á Concellaría de Vías e Obras a destinar gran parte dos seus orzamentos á reparación dos vellos colectores e das fochas en detrimento de posibles novas obras", sinalan dende o Concello. "O investimento neste tipo de actuacións pode ir desde os 3.000 ata os 9.000 euros, sen contar o seu mantemento anual", agregou o concelleiro responsable da área, Jesús Salgueiro.

 
Posted: 25 Jan 2013 11:01 AM PST
casa-da-lectura-2
Este sábado 26 de xaneiro cúmprense 5 anos da constitución da asociación Espazo Lectura, que quere celebralo cunha acción lectora coa que visibilizar o seu traballo a prol da lectura e convidar os gondomareños e gondomareños a achegarse á poesía. Entre as 10:30h e as 12:00h do sábado 26 sairán polas rúas, establecementos comerciais e espazos públicos de Gondomar grupos de voluntarios e voluntarias de Espazo Lectura que "asaltarán" as persoas coas que se atopen para lerlles un poema e compartir así con eles o espírito de sociedade lectora que Espazo Lectura quere fomentar desde a súa campaña "Gondomar, lendo para medrar". Ademais, para celebrar este 5º aniversario, Espazo Lectura inaugurara esta semana un novo sitio web, máis atractivo e moderno, para difundir as súas actividades e conectar dun xeito máis doado coa sociedade: www.espazolectura.org
 
Posted: 25 Jan 2013 10:29 AM PST

acuarela-113
É un feito indiscutible que todo obxecto precisa do noso interese para existir. Ninguén dubida que están pensados para chamar a nosa atención, para que admiremos as súas calidades estéticas e materiais, a súa contribución, útil, funcional, á mecánica do mundo. Moitos deses obxectos, destinados a un consumo rápido e masivo, conscientes da súa modesta condición industrial, da súa inferioridade individual, ofrécense ao cliente ben apegadiños un ao outro, en longas e coloridas ringleiras, como solemnes abandeirados dun exercito medieval alerta e disciplinado. A significativa ausencia de espazo intersticial subliña a súa condición robótica, a súa doada substitución, a súa dispoñibilidade inmediata. Aínda que, ás veces, un se pregunta quén posúe a quén. Hai días nos que, cheos de razón, sentímonos como xenerais omnipotentes que a paso marcial revistan ás tropas, deténdonos aquí para examinar uns ingredientes, alá para confirmar a data de caducidade, procurando trazos de individualidade nesa masa informe e compacta. Son días luminosos, de xúbilo apastelado, de íntima comuñón co Progreso e as súas beizóns. Mais, noutras ocasións, as máis delas, semella que vimos xa vencidos da casa, coa convicción dunha batalla perdida antes de iniciala, rendidos, incondicionalmente, ao asedio desas formacións impenetrables, planas como serigrafías de Warhol, revestidas, ao noso paso avivado, dunha dimensión secuencial e temporal de vinte e catro etiquetas por segundo.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario