A comisión de Medio Ambiente deu o visto bo ao convenio marco que
regulará a adhesión ao servizo provincial
OS
CONCELLOS QUE DESEXEN ADHERIRSE AO SERVIZO PROVINCIAL DE ACOLLIDA DE ANIMAIS
PODERÁN FACELO POR DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS
·
Recolleranse cans abandonados nos concellos que se adhiran e cans e gatos
mortos nas estradas
·
Louzán destaca o notable aforro que suporá esta iniciativa provincial
Os
concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia de Pontevedra que desexen
adherirse ao servizo provincial de acollida de animais poderán facelo por medio
da delegación de competencias, segundo se recolle nun convenio marco que hoxe
foi informado favorablemente na comisión informativa de Medio Ambiente.
O
presidente da Deputación, Rafael Louzán, incidiu en que se trata dun servizo
que vai resolver un problema moi serio sobre o que os concellos teñen
competencias e para o cal o 68% dos municipios da provincia carece de medios
para poder facerlle fronte.
O
convenio marco recolle que a Deputación porá en marcha un servizo que recollerá
os cans abandonados en todos aqueles concellos que así o decidan e os atenderá
na canceira de Meis. Tamén se recollerán os animais, neste caso cans e gatos,
que aparezan mortos nas estradas.
O
prazo para adherirse ao servizo será dun mes a contar desde a data na que se
lle notifique a apertura do prazo de solicitude.
Aqueles
concellos que actualmente teñen o servizo contratado con algunha empresa tamén
poderán sumarse ao servizo provincial se así o desexan. Neste caso o prazo para
a adhesión seguirá sendo dun mes pero comezará a contar a partir da data na que
finalice o contrato que agora teñan en vigor.
Aforro considerable
Se
os concellos que agora non teñen servizo de recollida de animais poderán atopar
nesta iniciativa da Deputación unha solución para poder desenvolver
competencias que lle son propias, os concellos que teñen agora o servizo
contratado con algunha empresa beneficiaríanse, segundo indicou Louzán, dun
gran aforro de custes, que podería chegar ata practicamente o 75%.
Os
concellos que se adhiran terán que pagar 0,30 euros por habitante e a
Deputación achegará a cantidade restante ata cubrir o prezo de licitación, polo
que, tal e como se recolle na seguinte táboa, os concellos que actualmente
teñen establecido o servizo aforrarán entre un 45,61 % (no caso de A Estrada)
ata un 73,84% (caso de Tomiño) se optan por sumarse ao servizo provincial.
|
|
|
SERVVIZO PROVINCIAL
|
SITUACIÓN ACTUAL
|
|
|||
Concello
|
Poboación
|
Coste Servizo
|
Importe Anual
|
Coste Servizo
|
Importe Anual
|
Porcentaxe Aforro
|
||
1
|
Bueu
|
12.348
|
0,30
|
3.704,40 €
|
0,89
|
11.016,00 €
|
66,37%
|
|
2
|
Estrada, A
|
21.759
|
0,30
|
6.527,70 €
|
0,55
|
12.000,00 €
|
45,61%
|
|
3
|
Guarda, A
|
10.484
|
0,30
|
3.145,20 €
|
1,12
|
11.799,00 €
|
73,34%
|
|
4
|
Mos
|
14.942
|
0,30
|
4.482,60 €
|
0,80
|
12.000,00 €
|
62,65%
|
|
5
|
Poio
|
16.501
|
0,30
|
4.950,30 €
|
0,84
|
14.000,00 €
|
64,64%
|
|
6
|
Porriño, O
|
18.075
|
0,30
|
5.422,50 €
|
0,62
|
11.328,00 €
|
52,13%
|
|
7
|
Salceda de Caselas
|
8.665
|
0,30
|
2.599,50 €
|
0,73
|
6.360,00 €
|
59,13%
|
|
8
|
Sanxenxo
|
17.586
|
0,30
|
5.275,80 €
|
0,91
|
16.000,00 €
|
67,03%
|
|
9
|
Tomiño
|
13.604
|
0,30
|
4.081,20 €
|
1,14
|
15.600,00 €
|
73,84%
|
|
Na
actualidade tan só 15 concellos dos 60 que hai na provincia con menos de 50.000
habitantes teñen implantado un servizo de recollida de animais e 4 están en
trámites para a contratación dunha empresa ou protectora. Outros 12 recollen
animais en casos excepcionais con laceiros, Protección Civil e 29
(practicamente o 50% dos concellos) non prestan este servizo de ningún xeito.
Son
datos que dan conta da necesidade de implantación dun servizo provincial que dá
resposta a unha demanda planteada de forma reiterada por numerosos alcaldes e
alcaldesas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario