O MIRABEL DO ROSAL XA PODE MERCARSE DESDE HOXE EN VARIOS CENTROS COMERCIAIS DE GALICIA E DE VARIAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS ESPAÑOLAS
Infogauda / O Rosal
Desde este mesmo venres día 20 de xullo, a empresa "Froitas do Rosal" puxo a venda en toda Galicia, nos establecementos de Carrefour e de Eroski, os saborosos Mirabeis do Rosal. Unha froita de tempada que chega os consumidores en óptimas condicións, para seu consumo en fresco.

"Froitas do Rosal" informa tamén que como gran novidade, nesta campaña os Mirabeis do Rosal tamén se poderán mercar nas tendas Carrefour de Madrid, Castela e León, Asturies, Cantabria, Euskadi e Navarra. Que ninguén se quede sen disfroitar estas apetitosas froitas do Rosal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario