10 de xuño de 2010

OURENSE

OURENSE, CAPITAL DA XUSTIZA NUNHAS XORNADAS CON MECENAZGO DA DEPUTACIÓN

Infogauda / Ourense
Ourense será estes días a capital da xustiza coa celebración dunhas xornadas de máximo nivel xurídico baixo o lema de “Un modelo de justicia para el siglo XXI” e que organiza o recentemente creado Instituto Xurídico Académico e Social Ourensán (www.injuicio.com).
Coordenados polo Xuiz Decano da Audiencia provincial de Ourense, Antonio Piña, o acto de inauguración contou coa presenza das principais autoridades xudiciais galegas (Presidente do TSXG e Fiscal Superior de Galicia), as autoridades locais e provinciais, o Presidente do Consello Social da Universidade, o Vicepresidente do Parlamento de Galicia e o Vicepresidente do Consello Xeral do Poder Xudicial, Fernando de Rosa.
O Presidente da Deputación, José Luis Baltar, amosou na inauguración a satisfacción da Deputación por poder participar nesta “magnífica iniciativa” e, xunto cos demais participantes, abogaron por unha nova xustiza cara os vindeiros anos, que sexa máis áxil, máis eficaz e máis eficiente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario