O ACADÉMICO XESUS ALONSO MONTERO PRESENTOU NO CENTRO GOIANÉS A 2ª EDICIÓN DO LIBRO "CARTAS DE REPUBLICANOS GALEGOS CONDENADOS A MORTE (1936 - 1948)"

Foto: Karlos Alvarez Rodríguez
Infogauda / Goián
O salón de sactos do Centro Goianés, de Goián, acolleu na noitiña do pasado venres un significativo acto cultural: A presentación da 2ª edición do libro "Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948)”, do profesor Xesús Alonso Montero, e publicado por Edicións Xerais.
Orgaizado pola Asociación Info MAXE, o acto escomenzou coa intervención de Lito Oliveira, que agradeceu a presenza do profesor Alonso Montero e das demáis persoas que fixeron posible ese acto.
En representación da Asociación InfoMAXE, Celso R. Fariñas fixo unha sinxela presentación do académico Xesús Alonso Montero, salientando que os verdadeiros autores do libro son ás persoas que escribiron as cartas, cuios contidos se reproducen na devandita publicación, e que o profesor Alonso Montero foi recopilando ó longo de coarenta anos.
Deseguido, e por espazo de preto de unha hora, o profesor Alonso Montero relembrou a varios republicanos cuias cartas se recollen no libro, e afirmou que nin queimaran igrexas, nin cometeran delicto algún. Eran tan soio persoas galeguistas - como Alexandre Bóveda -, comunistas - como Antonio Seoane Sánchez e José Gómez Gayoso -, socialistas - como Camilo Carrero Lorenzo -, ou de Izquierda Republicana, como Francisco Pérez Carballo, que ademáis de ser Licenciado en Dereito e Filosofía e Letras, era Gobernador Civil de A Coruña, desde o 10 de Abril de 1936. Tamén se referiu o médico tudense Darío Álvarez Limeses, católico, que tivo unha destacada participación na atención a Josefa García Segret, esposa do mestre de Forcadela Hipólito Gallego Camarero - que tamén foi asasinado polos fascistas -, que estando presa na cárcere de Tui, finxiu estar embarazada de tres meses. A decisiva intervención do Dr. Álvarez Limeses foi providencial para que Josefa García Segret, salvase súa vida, aínda que súa existencia, logo de estar na cárcere tudense, foi un periplo por varios penais, tanto nas Illas Baleares como en Santurrarán, entre outros.
O profesor Alonso Montero relembrou que o quedar en libertade, Josefa García Segret escrebeu un libro que leva por título "Abajo las dictaduras", que está esgotado, e que debería ser reeditado.
O académico Xesús Alonso Montero, referiuse tamén a Manuel Estévez Gómez, un albanel tudense, cuio retrato - da autoría do pintor Benito Prieto Coussent -, figura na portada da publicación. Alonso Montero dixo que Manuel Estévez, que seguramente non tivera oportunidade de ir moito á escola, senón todo o contrario, dirixiuse en primeiro lugar a súa filla Emilia "(...) que eres la mayor, que ya te vas dando cuenta de la vida, sabes porque me matan todos estos canallas que se llaman representantes de la justicia. Pues te diré que me matan por ser bueno, por querer que vosotros no padezcáis hambre y no andéis descalzos (...)".
No libro de Alonso Montero recóllense 120 cartas de republicanos galegos escritas despois de que recibisen oficialmente a noticia de que foran condenados a pena de morte. En todo caso, á lectura do libro reflíctenos o valor de todos eles, a firmeza dos seus ideiais e o seu compromiso coa República e a Democracia.
Non había en Galicia, até a pubricación do libro do profesor Alonso Montero, un traballo semellante no noso país. Sí o había en Italia, de onde o profesor tén bibliografía baseada en cartas escritas por prisioneiros do nazismo.
Alonso Montero afirmou que en Galicia, non se fixo nada semellante nin durante o goberno bipartito, nin antes, nin antes de antes, nin durante o goberno tripartito. I era necesario dar a coñecer os contidos deses documentos, que foron escritos precisamente para que transcedesen i entrasen na Historia. Como o demostra á carta que José Domínguez González lle escrebeu o día 8 de febreiro de 1937, a súa noiva Angelina Estévez, de Leirado-Barral. José Domínguez pediulle á Angelina que guardase "(...) estas letras mal pergueñadas y de tanto en tanto le pases la vista por encima para recordar este triste episodio.
Te pido también, como noble compañera, que sepas vengarme cuando las circunstancias te lo permitan, pues confío en tu valor y en tu ideal (...)".
Alonso Montero dixo que pasados moitos anos, Angelina Estévez quixo que esa carta do seu noivo entrase na Historia, e entregoulle a un veciño, Antonio Alonso Fontán. Grazas a ese desprendemento de Angelina Estévez, a carta de José Domínguez, transcendía, toda vez que no desaparecido Café Derbi, de Vigo, Alonso Fontán entregou varias fotocopias da carta a varios amigos, entre eles o profesor Xesús Alonso Montero.
O acto rematou coas respectivas participacións do músico guardés Fran Estévez, que na súa actuación puxo voz e música para interpretar unhas pezas expresamente escollidas e moi bén acaídas para a ocasión. Letras comprometidas e acordes musicais fraternos, xunguidos pola irmandade e a lembranza dos que deron súas vidas pola libertades democráticas.
Por último, o profesor Alonso Montero, asinou varios exemplares do libro que viña de presentar, e departiu con varias persoas que asistiran a este novo acto a prol da memoria histórica do noso país.

RESEÑA BIO-BIBLIOGRÁFICA DO PROFESOR ALONSO MONTERO
Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), catedrático de Literatura na Universidade de Santiago de Compostela e membro da Real Academia Galega, é filólogo, tradutor, conferenciante e autor de numerosos libros, estudos e traballos entre os que cabe destacar: “Cen anos de literatura galega” (1964), “Informe –dramático– sobre la lengua gallega” (1973), “Celso Emilio Ferreiro” (1982), “Luís Pimentel: biografía da súa poesía” (1990), “Decálogo da lingua galega” (1990), “Informe(s) sobre a lingua galega (presente e pasado)” (1991), “As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane” (Xerais 1994, 2002), “Ensaios breves de literatura e política” (1996), “Curros Enríquez no Franquismo (1936-1971)” (2003), “A Batalla de Montevideo. Os agravios lingüísticos denunciados na Unesco en 1954” (Xerais 2003), “Páxinas sobre Rosalía de Castro (1954-2004)” (Xerais 2004), “Intelectuais marxistas e militantes comunistas en Galicia (1926-2006)” (Xerais 2007), “Eduardo Jorge Bosco. Poemas en lingua galega” (Xerais 2007), “Letras Galegas. Explicadas (de 1962 a 1980) en Triunfo e noutras revistas de fóra de Galicia” (Xerais 2008) e “Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948)” (Xerais 2009).
Ningún comentario:
Publicar un comentario