Fotografía: Ana Varela
A secretaría xeral da Igualdade editou a guía de recursos fronte a violencia de xénero para a poboación inmigrante
A guía está en cinco linguas e recolle todos os recursos da Comunidade en materia de violencia de xénero.
A guía foi editada en diferentes linguas para que as barreiras idiomáticas non sexan un impedimento para pedir axuda ou para denunciar unha agresión.
O programa “Galicia acolle en Igualdade” ten como obxectivo dar a coñecer á comunidade inmigrante a lexislación, os recursos e o que facer en caso de seren vítimas ou de coñecer de un caso de violencia de xénero.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística oferta 185 cursos preparatorios para obter o Certificado de Lingua Galega
Xa está aberto o prazo de solicitude para asistir a estes cursos formativos, que terán unha duración de 75 horas lectivas.
Estableceranse tres quendas de programación ao longo do ano para facilitar a asistencia das persoas interesadas.
O manual ‘Aula de galego 2: libro do profesor’, unha ferramenta específica para os profesionais que imparten os cursos do Celga 2, xa está dispoñible na web de Política Lingüística.
Desenvolver actividades formativas que aseguran unha boa capacitación en galego e fornecer ferramentas para mellorar o coñecemento desta lingua son dous obxectivos prioritarios do departamento que dirixe Anxo Lorenzo.
Cultura e Turismo presenta a primeira edición completa en galego do Códice Calixtino

Fotografía: Conchi Paz
O “Codex Calixtinus”, conservado na súa versión orixinal na Catedral de Santiago de Compostela, é segundo Ignacio Santos “a obra histórica de referencia para entender o desenvolvemento e as orixes da cultura xacobea”.
A tradución íntegra ao galego dos cinco libros que compoñen o Códice edítase con ilustracións do artista Francisco Leiro, creacións que se exhiben na Casa da Parra dende hoxe ata o 28 de febreiro.
Ler máis.
A Xunta concede o 90% das solicitudes de axuda presentadas para a adquisición de vehículos accesibles dirixidas ás empresas de transporte público
En total subvencionarase a adquisición de 31 vehículos, por un importe de 492.988 euros.
A través destas axudas subvencionase a adquisición de vehículos destinados ao transporte interurbano colectivo e de capacidade superior a nove prazas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario