Amnistía Internacional presenta as súas recomendacións á Presidencia española da UE

Máis coherencia cos dereitos humanos dentro e fóra da UE
A organización propón á Presidencia española traballar por 10 casos de persoas en risco que necesitan protección dentro e fóra de Europa
Amnistía Internacional /Bruxelas
Amnistía Internacional presentou hoxe as súas recomendacións en materia de dereitos humanos á Presidencia española da Unión Europea (UE). Estas recomendacións van desde a petición de que se fagan todos os esforzos para avanzar en medidas contra a discriminación en Europa en todas as súas formas como impulsar a adopción da Directiva Anti-Discriminación, o recoñecemento dos dereitos de todas as persoas no Plan de Acción do Programa de Estocolmo e non só dos cidadáns europeos, con especial atención aos inmigrantes e solicitantes de asilo, a loita contra a tortura, a posta en marcha de investigacións sobre feitos como as detencións secretas e entregas extraordinarias na “guerra contra o terror”; ata que lidere as actuacións por 10 casos de persoas en risco que nestes momentos ven como os seus dereitos humanos son violados.
A organización pide a España que empregue os próximos seis meses para mellorar a coherencia da UE en materia de dereitos humanos, tanto dentro como fose da Unión, sen caer en contradición entre os seus supostos principios e os seus intereses económicos e de seguridade.
”España presidirá a UE nun momento de profundo cambio institucional. A Presidencia española debe aproveitar esta circunstancia para garantir a importancia dos dereitos humanos no próximo servizo europeo de acción exterior e dentro da nova Comisión”, declarou Nicolas Beger, Director da Oficina de Amnistía Internacional ante a Unión Europea
Amnistía Internacional tamén presentou dez casos de persoas, de dentro e de fóra da Unión, en situación de risco que necesitan protección. Con estes casos, Amnistía Internacional, que poden seguirse a través de www.actuaconamnistia.org, quere pór rostro ás principais preocupacións da organización para esta presidencia: discriminación por motivos étnicos, pena de morte, defensores de dereitos humanos, presos de conciencia, malos tratos a mans de axentes policiais, violencia contra as mulleres e violacións no marco da “guerra contra o terror”.
”Os dereitos humanos tratan, en última instancia, de persoas. Con todo, con moita frecuencia a UE parece distante e afastada da vida destas. Cremos que ao emprender a acción sobre eses casos concretos, a Presidencia española terá a oportunidade de demostrar que a UE pode ter un impacto positivo en persoas reais”, dixo Esteban Beltrán, director de Amnistía Internacional España.
Amnistía Internacional fará un pormenorizado seguimento dos esforzos que realice a Presidencia española para garantir que se restauran e respectan os dereitos destas persoas. Igualmente, a organización avaliará outras áreas de acción desta Presidencia a través dunha serie de indicadores concretos.
”O que pedimos son medidas realistas que se poidan aplicar en seis meses, só se necesita vontade política. É posible impulsar a aprobación da Directiva Anti-Discriminación en Europa, é posible condenar os ataques contra os romaníes en distintos países europeos e presentar unha serie de medidas para afrontalos, e é posible, establecer garantías para que non se criminalice aos inmigrantes ou solicitantes de asilo, para que non se devolva a estas persoas a países nos que poden sufrir torturas ou malos tratos, e para que nos acordos con terceiros países en materia de inmigración os dereitos humanos sexan respectados”, engadiu Nicolas Beger.
”España é probablemente o último país que ocupa a Presidencia da UE do modo en que a coñecíamos e debería aproveitar os próximos seis meses; conta con máis cumios que ningunha outra presidencia e, polo tanto, dispón de moitas máis oportunidades para promocionar e protexer os dereitos humanos, tomándoos en consideración nas súas decisións de política exterior relativas a desenvolvemento, seguridade, control migratorio e loita contra a trata con, sobre todo, países de América Latina e Caribe, África, China, Estados Unidos e Rusia. España ten tanto a oportunidade como a responsabilidade de deixar unha pegada beneficiosa para os dereitos humanos”, concluíu Esteban Beltrán.
Peticións á Presidencia española
Amnistía Internacional pediulle a España que durante estes seis meses:
Inaugure esta nova etapa da UE deixando un importante legado: liderar politicamente o traballo por casos de persoas en risco, como AI lle propón con estes 10 casos de violacións de dereitos humanos dentro e fóra da UE, mediante o uso de mecanismos como as directrices contra a pena de morte ou sobre os defensores de dereitos humanos, iniciativas a través de embaixadas e delegacións en terceiros países, e incluíndoos como parte da axenda a abordar nos encontros con países como China, Xapón, Rusia, Unión Africana, América Latina, Israel.
Impulse os traballos para a aprobación da Directiva Anti-Discriminación en Europa, garantindo que esta recolle un nivel axeitado de protección contra a discriminación por motivos de relixión, identidade étnica, opinión política, idade, discapacidade ou orientación sexual ou de xénero, conforme ás normas internacionais e na liña coa Directiva de 2000 sobre igualdade racial, con especial atención á Comunidade Romaní.
Garanta, a través de medidas concretas, o respecto e protección efectiva dos dereitos humanos das persoas inmigrantes e solicitantes de asilo tanto na revisión do Pacto Común de Inmigración e Asilo, como no Plan de Acción do Programa de Estocolmo.
Sitúe os dereitos humanos no centro da axenda dos cumes e reunións previstas con países como China, Estados Unidos, Rusia, México, Marrocos, Israel, América Latina ou con organizacións como a Unión Africana, abordando, entre outros, os casos de persoas en risco relativos ao país en cuestión.
Ausencias na axenda da Presidencia española
Tras diferentes encontros con representantes do Goberno español sobre á Presidencia española, Amnistía Internacional valora de forma positiva a sintonía existente entre a axenda de prioridades da Presidencia e as preocupacións da organización nalgúns temas como pena de morte, violencia cara ás mulleres, ou o impulso da Directiva Anti-Discriminación. Con todo, Amnistía Internacional lamenta as reticencias mostradas para abordar outros temas fundamentais para o respecto dos dereitos humanos. Pedimos, xa que logo, á Presidencia Española que some aos temas de dereitos humanos mencionados, outros fundamentais para mostrar un compromiso firme e verdadeiro con estes:
Impulsar, seguindo as Resolucións do Parlamento Europeo de 2007 e 2009, a investigación e, no seu caso, promover a rendición de contas sobre feitos ocorridos no marco da Guerra contra o Terror como as detencións secretas, as entregas extraordinarias ou os interrogatorios baixo tortura. E, aproveitar a visita do presidente, Barak Obama, durante o cumio da UE con Estados Unidos, para abordar as violacións cometidas por ambas as partes na “guerra contra o terror”.
Promover a ratificación do Protocolo Facultativo da Convención contra a Tortura entre os Estados membros, xa que lamentablemente só 13 dos 27 o ratificaron, así como o uso das Directrices contra a Tortura de forma sistemática nas súas relacións exteriores e non como un complemento opcional.
Comprometerse cos casos, presentados por Amnistía Internacional, nos que as violacións dos dereitos humanos se cometen dentro da propia UE.
Dificilmente, as peticións da UE sobre dereitos humanos serán tomadas en serio por terceiros países non comunitarios, se a propia UE non aborda con transparencia e firmeza os seus problemas internos de dereitos humanos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario