OS SEMENTAIS QUE A DEPUTACIÓN TEN EN ANTELA, OS MELLORES DE ESPAÑA NO ANO 2009

As carreiras de cabalos en España teñen cada vez máis cor ourensá grazas aos bos resultados colleitados polos fillos dos sementais locais, que a Deputación ten nas súas intslacións de Antela.
Infogauda / Ourense
Finalizada a tempada de 2009, o gran triunfador foi BAPTIZE, o sement al ourensán proclamouse mellor semental do ano, con máis de 280.000 euros gañados polos seus fillos, mentres que en segundo lugar se situou WAGON MASTER, o seu compañeiro de boxes.BAPTIZE acada tamén o título de mellor pai de poldros de dous anos, que xa lograra o pasado ano.Os dous galardonados compartirán oficio con outros 6 sementais de tódalas razas que tamén se estabulan en Antela na presente tempada que comezará o vindeiro 1 de febreiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario