“O galeguismo en Ourense: da Xeración Nós a Gómez Franqueira”, conferencia do presidente da Academia Galega mañá

O presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro Fernández, pronunciará mañá xoves, ás 20.15 horas, no Salón de Actos do Centro Cultural de Ourense unha conferencia sobre: “O galeguismo en Ourense: da Xeración Nós a Gómez Franqueira”.
Infogauda / Ourense
Este acto será o primeiro que organiza o Instituto Ourensán de Estudos Sociais e Políticos “Atlántida”, recentemente creado e promovido por José Manuel Baltar. Este grupo de debate ten o obxectivo de ser un punto de encontro no que teñen cabida todas as ideas, propostas e sensibilidades da sociedade para contribuír á defensa dos intereses sociais de Ourense e impulsar o pensamento galeguista. Todas as actividades que desenvolverá “Atlántida” teñen como finalidade poñer en valor o ourensanismo e galeguismo dende a sociedade. Esa é a máxima coa que bota a andar “Atlántida”, da man dun grupo de persoas que cre na importancia de que a voz da sociedade sexa escoitada, para que, partindo dun debate aberto e reflexivo, se acaden propostas que permitan fornecer a nosa identidade ourensá e contribúan a dinamizar económica, social e politicamente á nosa cidadanía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario