26 de xan. de 2010

INTERNACIONAL

DEPORTE SOSTÍBEL



A prensa a favor de Carlos Sainz conhecido como “o gafe”, foi recibido polos rexedores de Madrid: a Sra. dos calcetíns e Gallardón; éste ata subiu ao todo terreno para dar unha volta na praza e queimar rodas. ¿Como recompensa o Alcalde terá un todo terreo? ¿Cantos cartos aportou Madrid para este último París-Dakar?
Dende Esquerda Unida decimos que o Rally París-Dakar supón un desastre desde o punto de vista humanitario, ético, lóxico, e ecolóxico. É unha das actuacións deportivas más agresivas sobre os países sub-desenrolados de África (agora en América do Sur), un desmadre de dinheiro para que algúns "vivan unha aventura" no continente da pobreza, azoutado pola fame o sida, sequía, desastres naturais, etc..
29 años leva este rally que é símbolo da agresividade neocolonialista, do despilfarro de recursos enerxéticos e económicos. ¿Qué fai o Parlamento Europeo? ¿Quén é o malo o Frente Polisario ou os ricos invasores? ¿Por qué non se realiza en Europa?
A multinacional Repsol, en radio chusma (C. Herrera - Onda Cero) escúdase en que envían recursos humanitarios, isto para Esquerda Unida é pura demagoxia.
Dende o Ministerio de Industria dínnos que temos que aforrar auga, enerxía,... ¿É isto aforro?
Para cambiar o mundo primeiro tes que cambiar tí, contra a manipulación, desinformación informativa e despilfarro a cidadanía ten que estar contra destas condutas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario