O poeta e ensaísta galego José Ángel Valente
Nos ollares pretéritos do fotógrafo guardés Manuel Álvarez
• Do 24 de xullo ao 2 de agosto, no Espazo Contracultural Aberto (rúa Concepción Arenal, 25 - A Guarda)
Infogauda / A Guarda
Desde este xoves, 24 de xullo e ata o sábado, día 2 de agosto, o ESpazo COntraculturaL Aberto, ubicado na rúa Concepción Arenal, 25 - baixo (A Guarda), e promovido pola Asociación San Xerome Emiliani, acolle unha exposición de retratos / secuencia fotográfica, da autoría do fotógrafo guardés Manuel Álvarez Álvarez.
A mostra - que leva por título Eu nacín en ningures. Ou non nacín - está dedicada ao poeta e ensaísta galego José Ángel Valente.
José Ángel Valente
(Ourense, 25 de abril de 1929 - Xenebra, 18 de xullo de 2000).
Poeta, ensaísta galego.
Cursa estudios na Universidade de Santiago de Compostela obtendo o título de licenciado en Dereito e na Universidade Complutense de Madrid, donde se licencia en Filoloxía Románica. Da clases na Universidade de Oxford e en Xenebra exerce de tradutor de organizacións internacionales; posteriormente traballa en París na sede da UNESCO. Nos años 80 volve a España, fixando a súa residencia en Almería, e continúa coa súa actividade docente como profesor visitante en diversas universidades extranxeiras. Nos seus últimos anos alterna a súa residencia suiza coa española, e recibe múltiples distincións como o Premio Príncipe de Asturias de las Letras e o Premio Nacional de Poesía.
A súa traxectoria profesional comeza cuando aínda é un estudiante que despunta como poeta, formando parte do “Grupo Poético dos 50”, dentro do cual representa á poesía como unha vía do coñecemento. Na década dos 60 a súa poesía evoluciona seguindo unha corriente chamada "poesía del silencio", desligándose así do movimento poético de metade de século. Neste periodo destacan obras como A modo de esperanza (1954), Premio Adonais nese ano; Poemas de Lázaro (1960), Premio da Crítica; La memoria y los signos (1966); ou Siete presentaciones (1967).
Herdeiro da tradición mística española, José Ángel Valente asimila tradicións culturais, históricas e tendencias filosóficas creando textos cada vez máis profundos e complicados. Un dos seus contos, El uniforme del general (contido no libro El número trece) lévao ante un consello de guerra en 1972 acusado de alusións ofensivas ao exército.
A obra poética que escribe en galego está primeiro reunida en Sete cántigas de alén (1981) e posteriormente en Cántigas de alén (1989). Realiza tamén traballos como tradutor de poesía alemana e francesa; ademáis escribe ensaios relacionados coa pintura, a mística e a literatura española. Entre eles destacan títulos como Las palabras de la tribu (1971), Ensayos sobre Miguel de Molinos (1974) o La piedra y el centro (1983). Súa última obra é Fragmentos de un libro futuro, texto no que se recollen seus últimos poemas e que se publicou despois da súa morte ao igual que Palais de Justice, no que recolle a intensa e íntima dor sufrida durante o proceso de divorcio de súa primera muller. O autor deu orde de non publicar o texto ata a muerte de esta.
Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética
Director: Claudio Rodríguez Fer
A Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética creouse tras a doazón feita polo universal poeta galego á Universidade de Santiago de Compostela do seu arquivo e biblioteca persoais. En consecuencia, a primeira función da Cátedra é a custodia, catalogación e estudo do importante material doado, así como a organización de actos e a publicación de obras relacionadas co legado recibido. Non obstante, a actuación da Cátedra, denominada de Poesía e Estética por desexo do propio escritor, está aberta ás múltiples conexións interdisciplinares e interartísticas que a proteica obra de Valente establece coa poesía e coa estética en xeral.
A creación da Cátedra, que sucedeu á investidura de Valente como Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela en 1999, tivo lugar no ano 2000, en ambos casos durante o Rectorado de Darío Villanueva.
Para albergar todo o material doado designouse un espazo específico no último andar do recinto da Biblioteca da Facultade de Filoloxía, pechado e amoblado con estanterías, mesas para investigadores e medios electrónicos para o traballo.
O Rectorado nomeou como director inicial da Cátedra ao daquela tamén director do Departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Luis Iglesias Feijoo e, como secretario, a Claudio Rodríguez Fer, estudoso e amigo de Valente, quen exerce como director da mesma dende o ano 2005. Por benevolencia do artista Antoni Tàpies, moi vinculado persoal e esteticamente a Valente, o deseño do logotipo da Cátedra, usado en todas as súas actividades e publicacións como signo identificador, está baseado nun motivo do pintor catalán presente nun debuxo da colección persoal do poeta e publicado por primeira vez no libro Material memoria en 1979.
https://www.usc.gal/gl/usc/mecenado/catedras/jose-angel-valente
Manuel Álvarez Álvarez
Manuel Álvarez Álvarez (O Coruto Vello, Salcidos, A Guarda, 1954). Fotógrafo autodidacta. Expuxo as súas fotografías principalmente en Galicia e Suíza, país onde traballou como funcionario internacional do ACNUR, a Axencia da ONU para os Refuxiados con sede en Xenebra. Actualmente xubilado, comparte o seu tempo entre A Guarda e Xenebra. Piueiro. Caderno da tripulación incorpórase a unha serie de traballos fotográficos editados nos últimos anos, como Sexades mar, que súmase a unha serie de traballos que veu publicando en forma de libro, con titulos como O bico, Homaxe a José Ángel Valente, Gameleiros ou Sementeira Porträts, entre outros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario