CRÓNICA 4: PRIMEIRA XORNADA DO SEMINARIO INTERNACIONAL DE SAN CRISTÓBAL DAS CASAS

Iván Prado / San Cristóbal de las Casas
Ao meu lado un dos máis antigos campamentistas que coñecín: o Pelochurro. En fronte, tres relatores impoñentes que pouco a pouco desenvolven un pensamento crítico e lentamente as paredes do auditorio da universidade da terra esvaécense e do Seminario Internacional de reflexión e análise, en San Cristóbal de las Casas, só vai quedando un rumor na miña cabeza...
− Entre o ceo e a terra ás veces, e só ás veces, nace unha pirámide− escoito esta voz e non sei quen me fala); levo dous días sen durmir..., host... É un pingüín! e ao seu lado responde un pelicano.
− Pero se ti nin sequera es destas terras.
− O que pasa é que a crítica atravesa a realidade− responde o primeiro, que pouco a pouco se vai parecendo cada vez máis a un galo de pé− A crítica está no limiar da realidade, polo que é sempre algo inacabado.
− Mira− di o pelicano− a dominación burguesa, como xa explicou Gramsci, parte dunha perversión da democracia a través da cultura e da dialéctica do estado capitalista, así que ata o pensamento acaba sendo dominante. − ¡ Buff!... E todo isto na miña cabeza nada máis chegar a San Cristóbal de las Casas. Quéixome en alto, pero os dous “oquesxea” nin me miran.
− Así que mentres non acabemos co concepto de traballo subxectivo non poderemos desmantelar o estado capitalista− concreta moi feliz o pelicano con pinta de saraguato.
Aquí eu xa me poño nervioso; abro os ollos e vexo que sigo no mesmo sitio, na mesma charla agora conducida por unha loitadora das cortes de mulleres de Túnez; ata Chiapas chega todo tipo de intelectual revolucionario, como di ela, de peregrinación...
Caio de novo, pero agora é a virxe de Guadalupe cun pasamontañas a que me fala nun castelo medio tzotzil:
− Iván, o zapatismo non opón verdades contra o neoliberalismo, senón que ofrece preguntas; como fendas que atravesan o muro da verdade dominante e dominadora.− E segue mentres se empeza a transformar en Janis Joplin á galega con traxe de muiñeira, e todo iso sen probar os famosos cogomelos...− O coñecemento que se camiña non se impón ao outro, é como o traballo da chuvia contra o cemento: cae, esvara e sempre atopa por onde penetrar. A verdade deste sistema é como o cemento que cando chega é para quedar estático, inmutable, modificando o curso dos ríos, o sentido dos ventos, o tránsito da vida, ... modifícao pero non o integra. Un coñecemento estanco baseado na verdade do mercado e a omnisciencia do método científico. Como verás, Iván,− isto dimo mentres lía un cigarro e pousa as súas pernas sobre a mesa de relatores− é unha práctica que só pode ser superada pola ruptura e un custo ecolóxico desmedido.
− En cambio,− volve á carga esta vez convertida nunha anciá que vende artesanías descalza polos bulevares de San Cristóbal− o coñecemento que se constrúe no seu camiñar como a auga da chuvia que despois se converte en río, e segue a canle ata o mar que alimenta as nubes que choran de novo sobre a terra; é un movemento elíptico e continuo, que solo leva por diante en forma de torrente o que xa non serve, o que estorba. − Niso abro os ollos e vexo que a xente se ergue para marchar do auditorio; joder!, outra vez quedei durmido; nese momento escoito a voz dunha nena zinacateca:
− A cuestión é qué pensamento abrazamos, o dominador ou o orgánico?, o que só dá verdades ou o que formula preguntas que se camiñan??
Saio fóra. A banda espérame; buscáronme onde durmir xa que levo horas cargando coas miñas mochilas. Pregúntolle á xente de que foi a mesa e todos me miran e rinse,
−¡ Jajajajaja! xa esta Iván coas súas bromas.
PD: Pensamento e acción que se converte en coñecemento que, como a crítica, atravesa a realidade para volver empezar. Un pensamento que asume a súa imperfección como algo belo, que valora o erro como parte da súa esencia e que busca a eficacia elíptica; aquela que voa cara a atrás para chegar máis alto. Isto é o que me emociona, saberme parte dunha viaxe e non dun lugar de chegada.
(Que raro... agora parecía ser a miña voz a que me falaba...)
Continuará... (Esta só foi a primeira sesión)

Ningún comentario:
Publicar un comentario