26 de xan. de 2010

GALICIA

Feijóo gaba a “fértil colaboración” da Igrexa coa Xunta no Ano Santo 2010, e o seu labor no “renacemento Xacobeo”

· O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou a Conferencia-Almorzo pronunciada polo Excmo. e Rvdmo. Sr. D. Julián Barrio Barrio
Foto: Conchi Paz
Infogauda / Galicia
O mandatario galego presentou ao arcebispo de Santiago, Julián Barrio, no Fórum Europa Tribuna Galicia.
“A Igrexa galega soubo entender que o Xacobeo era un complemento esencial para que a celebración apostólica tivera un novo pulo, achegando a novas xentes, xuntando nos camiños que levan a Compostela a diferentes espiritualidades”, recalcou Feijóo.
Subliña que en Santiago están as orixes “da moderna idea de Europa”: “aquí floreceron os valores que converteron a cultura europea nun faro para os amantes da liberdade”.
O mandatario galego reunirase este venres co primeiro ministro portugués, José Sócrates, e co presidente da República, Aníbal Cavaco
Alberto Núñez Feijóo viaxará o xoves a Lisboa, xornada na que se reunirá co embaixador de España en Portugal e na que visitará o Centro Galego.
Ademais dos encontros institucionais, o venres o titular da Xunta manterá un encontro con empresarios, organizado pola Cámara de Comercio Luso-española.
A Xunta de Galicia colaborará coa Axencia Estatal Antidopaxe


· Lete Lasa, hoxe, antes da reunión en Madrid
O secretario xeral para o Deporte asistiu hoxe en Madrid a unhas xornadas contra a dopaxe.
A Secretaría Xeral para o Deporte firmará un convenio co organismo nacional e creará políticas propias para loitar contra a dopaxe.
O Instituto Enerxético de Galicia fomentará o uso da bicicleta como medio de transporte no Concello de Lalín mediante unha achega máxima de 140.000 euros
O director do Inega, Eliseo Diéguez, e o alcalde de Lalín, José Crespo Iglesias, asinaron hoxe o convenio de colaboración polo que este servizo público de préstamo de bicicletas que o Inega xa ten activado nun total de 9 concellos galegos, funcione en Lalín antes do 15 de setembro.
O obxectivo último do programa Bicidadáns, financiado e impulsado polo Inega, é promover a eficiencia no sector do transporte, un dos principais ámbitos consumidores da enerxía; aliviar o exceso de conxestión e reducir o problema medioambiental derivado dos usos fósiles do transporte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario