11 de xan. de 2010

A GUARDA

ESQUERDA UNIDA CALIFICA DE VERGOÑA QUE SE SOLICITEN PARTIDAS PRESUPOSTARIAS PARA FACER FRONTE OS CUSTES XUDICIAIS E INDEMNIZACIÓNS POLAS LICENCIAS DE OBRAS ANULADAS POLO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA
González Morais defende que os cartos públicos sexan únicamente para atender ás necesidades da cidadanía e non para defender políticos corruptos
O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Para EU é unha vergonza que algúns cidadáns, partidos políticos soliciten partidas presupostarias para facer fronte a os custes xudiciais e indemnizacións polas licencias anuladas polo Tribunal Superior de Xustiza (Obras feitas en terreos de interese paisaxístico).
Os culpables son os corruptos Alcaldes, Arquitectos, Secretario/a, Concelleiros/as.... etc., que votaron a favor de edificar en contra da lei vixente dende o ano 1994 ata hoxe. Tódolos afectados eran sabedores que estaban fora da Lei, polo tanto agora que non choren.
Os afectados tenhen que facer responsables directos aos cargos antes mencionados. O pobo non é culpable, os cartos públicos son para defender e atender a Cidadanía.
A Xustiza tinha que inhabilitalos de por vida para calquera cargo público por ser delincuentes e non cumprir ca lei.

EU SOLICITA:

Que os cartos públicos sexan únicamente para atender as necesidades da cidadanía, persoal, mantemento das instalacións públicas, catástrofes,......etc, e non para defender políticos corruptos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario