21 de out. de 2009

OURENSE

A DEPUTACIÓN DE OURENSE DÁ OS PRIMEIROS PASOS PARA A IMPLANTACIÓN DUNHA REDE DE BANDA ANCHA NO RURAL OURENSÁN
A Deputación de Ourense, a través do Negociado de Desenvolvemento Local e Recursos Europeos (negociado dependente do Servizo de Investimentos, Patrimonio e Subvencións), está desenvolvendo nestes intres actuacións de implantación de banda ancha no rural ourensán.
Infogauda / Ourense

Durante estes últimos días procedeuse á convocatoria, mediante procedemento aberto, do expediente para contratación de obra pública, consistente nunha aplicación e explotación dunha rede de banda ancha no ámbito dos proxectos ARRAIANO, TERRAS DO AVIA e DELORUR, proxectos cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Unha vez finalizado o prazo de presentación de ofertas, presentouse unicamente unha empresa, Iberbanda, unha empresa con experiencia en dotar de conectividade a través de tecnoloxía Wimax a zonas onde non existen outras infraestruturas de banda ancha. Neste intre a oferta técnica atópase en fase de exame nos servizos técnicos da Deputación, co fin de validar a súa adecuación ás bases da convocatoria.Área de actuación do proxecto ARRAIANO: A Limia: Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia. Monterrei-Verín: Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós. Área de actuación do proxecto TERRAS DO AVIA: O Carballiño: San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín. O Ribeiro: A Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Área de actuación do proxecto DELORUR: Valdeorras: O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras. Viana: A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario