PIRAGÜISMO
SETE MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS NA IV COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM
Un dos podios de Roque Olveira - no centro -, que en alevín, dominou tanto en caiac como en canoa, levándose dúas medallas de ouro
Un dos podios de Rita Olveira - á der.- que na categoría infantil feminino, foi a gañadora tanto en K1 como en C1, logrando senllas medallas de ouro
Podio de Iria Álvarez - no centro -, que en benxamín, categoría que solo participa en K1, foi a gañadora logrando unha medalla de ouro
Podio da clasificación final por equipos, na que o Club Deportivo Miño-Teixugos rematou terceiro
Informa (fotografías e redacción): Rosa Fernández Carrera
As futuras promesas do slálom galego xuntáronse o pasado sábado en Dumbría para medir forzas na IV Copa Galega de Promoción de Slalom. As augas do río Xallas acolleron a uns cincuenta deportistas galegos das categorías benxamín, alevín e infantil.
Nesta ocasión o Club Deportivo Miño tan so aportou a cinco deportistas, pero con grandes resultados.
Lois Montenegro, na categoría infantil masculina, acadou a prata tanto en caiac como en canoa.
Rita Olveira, na categoría infantil feminino, foi a gañadora tanto en K1 como en C1; facéndose, por tanto, con dous ouros.
Roque Olveira, en alevín, dominou tanto en caiac como en canoa, levándose dúas medallas de ouro. Na mesma categoría, Brais Vicente rematou sexto.
Iria Álvarez, en benxamín, categoría que solo participa en K1, foi a gañadora subindo ao podio para recoller unha medalla de ouro.
Na clasificación final por equipos, e a pesares de levar un equipo pequeno, o Club Deportivo Miño-Teixugos rematou terceiro por detrás dos anfitrións do Piragüismo Dumbría e do Montaña Quixós de Monforte.

.jpeg)

.jpeg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario