21 de out. de 2009

OURENSE

CURSO SOBRE TRIBUS URBÁNS PARA POLICÍAS E GARDAS CIVÍS DE OURENSE



Está organizado polo Sindicato Unificado de Policía e ten lugar no Centro Cultural da Deputación dende hoxe e ata o venres. Nel participa un policía que pasou anos infiltrado nestas organizacións violentas


Infogauda / Ourense

Cabezas rapadas, indumentaria característica, accións en grupo, vio lencia, organizacións latinas e aspectos legais..., son algúns dos temas que abrangue o “I Curso de tribus urbáns” que se desenvolve no Centro Cultural Ourense, organizado polo Sindicato Unificado de Policía (SUP), ao que asiste un centenar de axentes do Corpo Nacional da Policía, Garda Civil e Policía Local. O obxectivo do curso, que comeza hoxe e que se prolongará ata o vindeiro venres, “é formar aos axentes nestas novas tendencias sociolóxicas que en moitos dos casos remata en violencia de grupos organizados, principalmente nos ámbitos urbáns”, explica Roberto González, responsable provincial do SUP e organizador das xornadas.Aínda que Ourense é unha cidade onde os índices de delincuencia son baixos, non se pode obviar que este tipo de organizacións poidan ter simpatizantes en calquera lugar, sexan cidades grandes ou pequenas. “Por iso convén estar alerta e preparados para poder facer fronte a este tipo de organizacións, e para elo a formación é a nosa mellor aliada”, explica Roberto González.O relator do curso é David Madrid (nome suposto), un axente policial experto en tribus urbáns que pasou varios anos infiltrado nestas organizacións para coñecer o seu funcionamento, as fontes de financiamento e todas as claves que converten a este tipo de grupos en colectivos perfectamente organizados.Na inauguración do curso participou tamén o secretario do SUP en Galicia, José Freire, quen afirmou que é necesario seguir apostando pola formación permanente “baseada en aspectos concretos do noso traballo policial, e o tema das tribus urbáns é algo que a cotío está de triste actualidade nos medios de comunicación e por iso é importante coñecer o seu funcionamento”.David Madrid afirma que con este tema “non hai que ser sensacionalistas nin alarmistas pero é algo que temos en todas as cidades e contra o que debemos actuar. Hai que deixar claro que pertencer a unha tribu urbán ou a un grupo xuvenil característico non significa ser violento, pero en moitos casos nestes colectivos hai persoas violentas que arrastran a outras, e contra iso temos que estar preparados e traballar para evitar que proliferen”.Os contidos do curso abranguen no seu temario, ademais de definición e características das tribus urbáns, un catálogo destes grupos, unha descrición detallada dos grupos violentos o comportamento dos “Neonazis”, as organizacións latinas e os aspectos legais que interesan aos axentes policiais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario