INAUGURACIÓN DO CURSO ACADÉMICO DA UNED NO CENTRO CULTURAL DA DEPUTACIÓN

Mañá mércores, 21 de outubro, ás 19.00 horas, terá lugar no Centro Cultural da Deputación de Ourense o acto solemne de inauguración do curso académico 2009-2010 do Centro Asociado da UNED en Ourense.
Infogauda / Ourense
O acto contará coa presencia do presidente da Deputación provi ncial, José Luis Baltar; o rector da UNED, Juan Gimeno Ullastres; o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez; o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez; Carlos Salgueiro, secretario do centro asociado, e José Luis Ferreiro, en representación dos novos alumnos titulados da UNED.No acto farase entrega dos diplomas a unha representación de alumnos que finalizaron os seus estudos na UNED de Ourense, e culminará cunha actuación da coral “Camerata Auriense” e co canto final do Gaudeamus.
Ningún comentario:
Publicar un comentario