23 de nov. de 2016

VILADESUSO (OIA)

ARREDOR DE 650 SINATURAS APOIAN UNHA MOCIÓN DOS VECIÑOS DE VILADESUSO

Nesta moción o que se pide e que no Barrio de Serrallo,  se tomen as medidas necesarias para solucionar a problemática de malos cheirumes e fedores, que ocasionou a  instalación dunha estación depuradora

Copia do comunicado de prensa recibido na Redacción de Infogauda dando conta da presentación da moción

Manuel Fernández González (*) / Viladesuso

 Este xoves día 24 de novembro de 2016, vaise celebrar no Concello de Oia un Pleno Ordinario na que se vai tratar entre outros asuntos a moción que presentou un grupo de veciños  da parroquia de Viladesuso, na que teñen recollido arredor das 650 sinaturas de apoio a esta iniciativa. 

 Nesta moción o que se pide e que no Barrio de Serrallo,  se tomen as medidas necesarias para solucionar a problemática de malos cheirumes e fedores, que  ocasionou a  instalación dunha estación depuradora. Esta situación se acentúa no verán xa que estes veciños non poden facer algo tan habitual como abrir as fiestras, para ventilar as mesmas, debido a que se eses fedores inundan a vivenda de tal xeito que se converte nun ambiente irrespirable.  Así mesmo esa mal chamada depuradora, na que foran invertidos unha inxente cantidade de diñeiro, non e mais que unha revolvedora, tamén chamadas chocolateras., que non fan mais que e revolver  sen depurar,  vertendo directamente  ao mar. 

 Tense dado ocasións nas que esa estación verte  por fora da mesma creando  unha espuma  que tapa a depuradora parcialmente, causando mais fedor do que habitualmente estamos padecendo. 

 O que se lle ven a pedir ao Concello de Oia e que  escoiten aos veciños e fagan as xestións necesarias ante as institucións  pertinentes e que se tomen as medidas a fin de facer as reparacións oportunas, ou mesmo a retirada da mesma da beira das casas dos veciños, xa que vense continuamente envoltos en malos cheiros e fedores.

(*) Voceiro dos Veciños 

O ROSAL

 Roteiro arqueolóxico e magosto popular

Sábado día 26 de novembro



DEPORTES

HOCKEY LIÑA

A GUARDA HOCKEY LIÑA ESTRÉASE NAS CATEGORÍAS INFANTIL E FEMININA

Da Liga Galega 2016/2017




Miguel Fernández Lomba / A Guarda

 Quedaban dúas categorías por arrincar as súas respectivas competicións da Liga Galega de Hockey Liña e ámbalas dúas arrinca o vindeiro domingo día 27 no pavillón Daniel Cordido "A Piringalla" da cidade de Lugo. 


 O equipo feminino presenta un plantel renovado e cheo de caras novas, todas elas saídas da canteira do equipo guardés. As rapazas enfrontaranse ó Brigantium HL de Arteixo no seu primeiro encontro e as actuais campeonas galegas Lóstregos Femenino. 

 Por outra banda os nenos e nenas do equipo infantil disputarán os seus encontros fronte ó Lóstregos Norte e os Lóstregos Sur, ámbolos equipos pertencentes ó clube Lóstregos HL da cidade das murallas.

XUVENTUDE

Galicia e Portugal promoven a terceira edición do Premio Literario Nortear para a Mocidade Escritora 

A Consellería de Cultura, a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal presentaron hoxe as bases da nova convocatoria  

O secretario xeral de Cultura afirmou que o certame “abre novas portas para a xuventude galega e portuguesa, e novas vías de diálogo entre as dúas literaturas”

Infogauda / Paredes de Coura

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e mais a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT) promoven a terceira edición do Premio Literario Nortear para a Mocidade Escritora de Galicia e de Portugal, “un certame que abre novas portas a ambas as beiras do Miño para a xuventude galega e portuguesa, e novas vías de diálogo entre as dúas literaturas”.
Así o asegurou hoxe o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, durante a presentación das bases da nova convocatoria do certame, que tivo lugar en Paredes de Coura (Portugal) nun acto no que tamén se presentou o libro cos traballos galardoados na primeira edición, de Lara Dopazo e João Maria Cardoso, ademais de entregar o premio da segunda, na que resultou gañador Rui Cerqueira.
Segundo explicou, “desde a Xunta de Galicia consideramos que é unha forma óptima de propiciar un maior coñecemento das novas voces de ambas as beiras do Miño e, ao mesmo tempo, unha maneira de favorecer que a relación cultural entre a cultura galega e a cultura do Norte de Portugal sexa cada vez máis fluída”.
Impulso a proxectos culturais comúns
Na súa intervención, o secretario xeral enmarcou o certame no espírito co que o Parlamento de Galicia aprobaba na pasada lexislatura a Lei para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía. Neste contexto, o premio é froito do memorando de entendemento asinado en 2015 polas tres entidades convocantes, que cualificou como “un marco de traballo desde a colaboración para o potenciamento da creatividade e da visibilidade dos proxectos culturais comúns de Galicia e do Norte de Portugal”.

Entre as iniciativas impulsadas ao abeiro deste memorando, Anxo Lorenzo recordou o ciclo de Conversas Nortear, con encontros entre escritores galegos e portugueses, e mais iniciativas como o intercambio de fondos bibliográficos para a sección portuguesa da Biblioteca de Galicia e de lingua galega na Biblioteca da Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal, en Casa Allen, do Porto.
“Esperamos que este camiño iniciado –concluíu o secretario xeral– vaia sendo ensanchado e mesmo que vaia abrindo novos ramais no futuro, que nos permitan reforzar este interesante, enriquecedor e imprescindible diálogo cultural entre Galicia e a Rexión do Norte de Portugal”.
Nova convocatoria do certame
Dotado con 2.000 euros, ademais da publicación da obra gañadora, o Premio Literario Nortear ten como principais obxectivos distinguir anualmente obras literarias orixinais de ambas as dúas beiras do Miño, incentivar a produción literaria entre a mocidade galega e portuguesa, e favorecer a circulación e distribución de obras literarias entre Galicia e Portugal, para reforzar o diálogo cultural entre os dous territorios.

O certame está dirixido a persoas nacidas e/ou empadroadas na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos, que poderán presentar as súas obras inéditas, de entre 5.000 e 8.000 palabras. O prazo para participar nesta terceira edición do premio está aberto ata o vindeiro 30 de abril de 2017. Na páxina web de Cultura, en www.cultura.gal/premios, poden consultarse as bases completas da convocatoria.
As primeiras edicións do premio
‘Nós arquipélago’, de Rui Cerqueira Coelho, foi a obra gañadora do II Premio Literario Nortear para a Mocidade Escritora de Galicia e de Portugal. Entre 30 traballos de autores e de autoras con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos, o relato do escritor luso foi elixido por unanimidade polo xurado do certame, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola Dirección Rexional de Cultura do Norte e pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT) para incentivar a creatividade da mocidade escritora galega e portuguesa.

Na primeira edición do premio a gañadora foi a xornalista galega Lara Dopazo Ruibal, pola obra ‘Clementina’, que acaba de ver a luz nunha publicación editada por Edita-Me e que inclúe tamén o relato que recibiu a mención de honra: ‘Coração cheio de nada', da autoría de João Maria Cardoso.

LABORAL

Reivindican en Vigo emprego digno e estábel na sanidade pública 

CIG-Saúde denunciou a precariedade no SERGAS cunha concentración no Hospital Álvaro Cunqueiro

A Federación de Saúde da CIG vén de concentrarse na mañá deste mércores no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para denunciar as condicións de traballo a que están sometidos/as as traballadoras/es da sanidade pública
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 A Federación de Saúde da CIG vén de concentrarse na mañá deste mércores no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para denunciar as condicións de traballo a que están sometidos/as as traballadoras/es da sanidade pública, cun forte incremento da temporalidade e da precarización. Destacan que na área sanitaria de Vigo existen “exemplos sobrados”, sumando á política xeral de recortes as consecuencias da privatización do Hospital.  

 Manuel González Moreira, secretario comarcal da CIG-Saúde, dirixiuse aos asistentes durante a concentración, reclamando do SERGAS “que se estabilicen as prazas vacantes cubertas de xeito irregular”, xa que se están cubrindo necesidades estruturais do sistema sanitario con contratos temporais enlazados en clara fraude de lei, como xa teñen recoñecido recentes sentencias. 

 Así mesmo, reivindicou que esas prazas estabilizadas e convertidas en vacantes “sexan cubertas polas persoas que están anotadas nas listas de contratacións” e que “posteriormente sexan ofertadas respectando os principios de igualdade, mérito e capacidade, mediante unha oferta pública de emprego que cubra o conxunto das necesidades da Sanidade Pública”.

 Desde CIG-Saúde esixen que, tal e como se fixo no ano 2006 co plano de estabilidade que permitiu convocar OPEs de 3.900 prazas no ano 2008, o SERGAS negocie un Plan de Estabilidade na Mesa Sectorial “con información e transparencia”, que demostre “a vontade política real de rematar coa precariedade”.

 Un proceso no que se entregue un censo con todo o persoal eventual que está cubrindo prazas vacantes desde o ano 2009 e, con posterioridade, esas prazas sexan convocadas en Oferta Pública de Emprego. Orzamentos de 2017 Recordan, ademais, a necesidade de que estas prazas figuren xa nos orzamentos de 2017 como prazas de cadro, algo que se non sucede non se poderían convocar na oferta pública de emprego. 

 Por iso, esixen á Xunta que elimine a fórmula de cómputo da taxa de reposición, argumentando que a Lei de Orzamentos de 2016 permite convocar o 100% das prazas vacantes de 2015 pero non as xeradas de 2009 a 2014, cubertas con contratos eventuais. Para que isto suceda, explican, “precisamos que se transformen en prazas vacantes e que sexan cubertas por interinidades”.

 En caso contrario, a Xunta continuaría a enfrontarse a que “sexa o xulgado o que lle ordene o cadro de persoal do SERGAS”, algo que “contravén calquera lóxica”.  

 Porque, tal e como explican, “cando reclamamos un cadro de persoal estable, que permita consolidar equipos de traballo, incrementar o nivel de formación e ter capacidade de dar resposta ás necesidades da cidadanía, o que estamos reclamando é unha Sanidade Pública de calidade.” Por iso reclaman “emprego digno e estábel, para unha sanidade pública de calidade”.

MOVEMENTOS SOCIAIS

Axenda de actos para o xoves 24 de novembro - CIG  



· 12 horas. Manifestacións e concentracións estudantís da folga en prol da revogación da LOMCE e supresión das reválidas. A CIG participará como membro da Plataforma Galega en Defensa do Ensino, que apoia as mobilizacións de Erguer-estudantes da Galiza. 



VIGO: manifestación ás 12h desde Praza América

PONTEAREAS: manifestación ás 12h desde a baixada aos IES                     
CANGAS: concentración ás 12h no IES María Soliño  
MOAÑA: concentración ás 12h no IES As Barxas  

· 19 horas na farola de Urzáiz. Concentración-performance en Vigo da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público en Vigo, co apoio de FOANPAS VIGO.

(R.)

LABORAL

A CIG amplía a maioría absoluta en Bosch, consolidando o liderado nos centros de chamadas 

Os excelentes resultados "validan a liña de acción" da central nacionalista na meirande empresa do sector na Galiza

Mobilización obreira convocada pola CIG pola Rúa Gran Vía, de Vigo
Foto: Arquivo CIG

Infogauda / Vigo

 As eleccións sindicais en Bosch veñen de deparar unha nova vitoria da CIG no sector, logrando ampliar a maioría absoluta de hai catro anos ao pasar de 12 a 13 delegadas/os, fronte aos 5 de CCOO (que baixa 2) e os 5 de UGT (que sobe 1). Os excelentes resultados na meirande empresa de centros de chamadas de Galiza, con cinco centros en Vigo, logra consolidar o liderado da central nacionalista no sector.    

 “Estamos moi agradecidas pola confianza que as compañeiras/os voltaron depositar en nós”, afirma Laura Pérez, presidenta do comité de empresa e responsábel da CIG para o sector, para quen o resultado acadado nas votacións deste martes “valida a nosa acción durante estes últimos catro anos”.  

 Uns dos principais reptos durante o período foi o de dar resposta ás problemáticas dun cadro de persoal en constante aumento, que pasou de 1.700 aos 2.400 traballadores/as actuais en cinco centros de traballo, constituíndo hoxe “practicamente a segunda empregadora da cidade despois de Citroën”.  

 Nestes catro anos libraron mobilizacións contra os despedimentos na campaña de Orange (2014), e mesmo lograron importantes vitorias, como a readmisión dunha compañeira embarazada, a de 5 despedidos en Vodafone HD ou revogaren por vía xudicial a cláusula de “baixa voluntaria ligada á produtividade” que a empresa comezara a aplicar nas modificacións substanciais.    

 Para o futuro, márcanse como metas a de continuar a combater a precariedade, consolidar a estabilidade, aumentar salarios e diminuir a porcentaxe de empregados/as temporais, que hoxe supoñen uns 900 postos. “Son compañeiros/as que, por desgraza non tiveron dereito a participaren no proceso de votacións”, denuncia a sindicalista. 

 E é que, ademais de liderar a resposta sindical no sector organizando numerosas xornadas de paros por un convenio digno, concentracións e convocatoria de nada menos que tres folgas de ámbito galego nos últimos tempos, a CIG-Centros de chamadas encara o futuro como primeira forza do país en número de delegadas/os, incrementada agora con esta nova vitoria en Bosch.  

 “Estes resultados reflicten a nosa aposta por un modelo sindical asembleario, participativo, que se move e que non ten medo ao conflito cando é preciso”, sosteñen, ademais de afirmaren que desde o momento presente se esforzarán “no día a día” por revalidar novamente a confianza depositada e conquerir unhas mellores condicións de traballo no sector. O vindeiro luns 28 de novembro terán a primeira oportunidade coa folga que hai convocada para os centros de chamadas.  

A GUARDA

A GUARDA CONMEMORA O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este venres día 25 de novembro, ás 12:30 h., cun acto na Praza do Reló 


Infogauda / A Guarda

  Concellería de Igualdade do Concello da Guarda convida a tódolos veciños e veciñas da vila ao acto conmemorativo con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.  

 Este acto terá lugar o día 25 de novembro ás 12:30 horas na Praza do Reló, xunto ao edificio do concello. Nel, o Alcalde xunto coas Concelleiras da Corporación Municipal procederán a dar lectura ao manifesto e a colocación dunha pancarta, coa que o Concello da Guarda quere mostrar a súa total repulsa ante todos os casos de Violencia de Xénero. O grupo Acevedosdelgados porá a nota musical ao acto.  

 Ademais, como complemento a estas actividades, o Centro de Información ás Mulleres da Guarda tamén organiza o sábado día 3 de decembro,ás 20:30 horas, no Centro Cultural, a representación da obra de teatro “Pementeiras”. Esta historia de empoderamento feminino, creada pola compañía Xoré Teatro, está contextualizada e inspirada no traballo das mulleres pementeiras, que aínda que desempeñan un papel fundamental no referente ao traballo de produción e distribución deste produto, seguen a sufrir a brecha na representación da valoración do seu traballo. A obra é de balde e a recollida das entradas farase no Centro Cultural ou no Centro de Información ás Mulleres (xunto ó Xulgado de Paz).  

 A concelleira de Igualdade do Concello da Guarda, María Teresa Vicente Baz sinala que “con esta programación de actividades, o Concello da Guarda súmase á conmemoración do Día contra a Violencia de Xénero, manifestando así, a máis absoluta e enérxica condena ante as inadmisibles situacións de violencia que, aínda que pareza inconcebible, se seguen a producir.   

 A violencia de xénero constitúe unha lacra de carácter mundial, un atentado contra os dereitos humanos e a dignidade das persoas que impiden á nosa sociedade continuar avanzando. A loita contra a violencia é unha tarefa común, hai que aunar esforzos e compromisos, se queremos que a violencia de xénero desapareza

SALCEDA DE CASELAS

MOSQUERA: “O SEGUINTE PASO É CONVERTER A COMPOSTAXE NUN VERDADEIRO SISTEMA DE XESTIÓN DO LIXO”  

O vicepresidente provincial participou  hoxe en Salceda  de Caselas no acto de entrega do primeiro compost dos centros comunitarios de compostaxe da vila  

Os rapaces do CEP Altamira plantaron dúas árbores co fertilizante obtido do lixo das veciñas e veciños do contorno 

O vicepresidente provincial César Mosquera - no cnetro da imaxe, xunto o alcalde Marcos Besada - participou no acto no que veciños e veciñas, así como rapaces do CEP Altamira, comprobaron o resultado das súas aportacións de lixo ao composteiro comunitario situado no parque Raíña Aragonta
Fotos: D. P.

Infogauda / Salceda de Caselas

 O concello de Salceda de Caselas foi hoxe o protagonista na entrega do  primeiro compost obtido na provincia nos composteiros instalados pola Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Revitaliza. O vicepresidente provincial César Mosquera participou no acto no que veciños e veciñas, así como rapaces do CEP Altamira, comprobaron o resultado das súas aportacións de lixo ao composteiro comunitario situado no parque Raíña Aragonta. “Hoxe chegamos ao final do primeiro paso. Este é o primeiro composteiro comunitario dos que colocou a Deputación do que sae o compost maduro logo de tres meses e medio de comezar a aportar. Ese resultado final simbolicamente úsase para plantar unhas árbores , pero agora hai que converter a compostaxe nun verdadeiro sistema de xestión do lixo para Salceda”, indicou o nacionalista.  

 Mosquera explicou que a Deputación leva investido en compostaxe durante este exercicio aproximadamente un millón de euros en toda a provincia, pero sinalou que coa modificación de crédito aprobada e o orzamento do ano próximo superaranse os catro millóns de euros. “É unha aposta de cabeza pola compostaxe como fórmula para reducir o lixo. Como vicepresidente da Deputación esta é a miña prioridade absoluta”, subliñou, para destacar que non ten ningún sentido que o lixo orgánico, que é auga maioritariamente, se queime en Sogama logo de percorrer centos de quilómetros,  o que ten unha pegada ecolóxica “terrorífica” cunhas emisións de CO2 “inmensas”. “Só redución do CO2 e o reaproveitamento do compost para mellorar os solos cremos que vale este esforzo e todos os que se poidan dedicar”, afirmou. 
  
O vicepresidente da Deputación afirmou que os composteiros comunitarios crean menos problemas que un colector normal na rúa


 O vicepresidente lembrou que agora mesmo está en marcha a segunda fase do Plan Revitaliza, para a que os concellos da provincia poden presentar solicitudes de adhesión ata o 19 de decembro. Destacou que a primeira fase foi de sensibilización e didáctica para a cidadanía, para demostrar que os composteiros comunitarios crean menos problemas que un colector normal na rúa e que o esforzo para veciñas e veciños é menor que o actual.   

 “O seguinte paso é converter de verdade a compostaxe nun sistema de xestión universal de residuos. A idea é que todos os concellos que se adhiran ao Plan Revitaliza teñan o respaldo provincial. A Deputación vai facer todos os esforzos posibles para axudarlles e chegar ao residuo cero, que os orgánicos que salgan do concello sexan cero, que queden alí, se traten e reaproveiten reducindo os custes do tratamento”, explicou. De feito, durante este ano destinaranse 1,25 millóns de euros á compra de composteiros para repartir entre os concellos.  

 Por outra banda, Mosquera agradeceu ao Concello de Salceda de Caselas que fora un dos municipios que se implicou na iniciativa do Plan Revitaliza dende o principio e que teña decidido xa incorporarse á segunda fase para estender a compostaxe. “Ao resto dos concellos tamén agradecemos o esforzo e ir todos da man. Por parte da Deputación esta é prioridade absoluta e o esforzo é e será máximo. Este é o camiño e creo que o esforzo paga moito a pena”, finalizou.   

Obxectivo ecolóxico e económico 
 Pola súa parte, o alcalde de Salceda, Marcos Besada, asegurou que “a unión fai a forza”.Destacou que a unión dos concellos da provincia, avalada pola Deputación, “ ten que levarnos a obxectivos fundamentais como é redución da fracción orgánica do lixo seguindo unha motivación económica pero tamén ecolóxica.   

 Así mesmo, subliñou que ademais de reducir o impacto do CO2, coa compostaxe tamén se abordará un tema moi importante para as familias:  o custe a nivel fiscal que supón a reciclaxe e tratamento do lixo. “Estamos a falar que o 40% do que se bota no colector verde é lixo orgánico que se pode compostar e se reducimos os custos de levalo a Sogama non nos veremos obrigados a subir o recibo do lixo e contribuímos a que as familias,durante a crise, cun pequeno esforzo poidan ter unha sostenibilidade económica máis acaída”, destacou.   

 “Comezamos modestamente con este proxecto Revitaliza a través da Deputación e dende logo en Salceda temos claro que entre todos e todas imos conseguir ese obxectivo ecolóxico, económico e medio ambiental, sobre todo co apoio e coordinación da Deputación e o aval dos nenos e nenas de Salceda”, finalizou.   

Durante a xornada repartiuse compost entre os veciños e plantáronse dúas árbores, algo no que colaboraron os rapaces


 Sobre o acto de hoxe, o rexedor explicou que a decisión de instalar un dos tres composteiros comunitarios de Salceda nos arredores do CEP Altamira, do Parque Raíña Aragonta e do comedor escolar e a zona deportiva obedeceu ao obxectivo de implicar a comunidade escolar. Durante a xornada repartiuse compost entre os veciños e plantáronse dúas árbores, algo no que colaboraron os rapaces.

A GUARDA

O ALCALDE CONVOCOU UNHA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA



CARÁCTER: ORDINARIA
LUGAR DE CELEBRACIÓN: CASA DO CONCELLO
DÍA: 25 DE NOVEMBRO DE 2016
HORA: 20:00 HORAS

ORDE DO DÍA:

PUNTO 1.- APROBACIÓN ACTA DA SESIÓN ANTERIOR (ORD. 30/09/2016)
PUNTO 2.- DAR CONTA DOS DECRETOS.
PUNTO 3.- PROPOSTA DA ALCALDÍA DE APROBACIÓN DA MODIFICACIÓN DE CREDITO Nº 56/2016.
PUNTO 4.- PROPOSTA DA ALCALDÍA DE APROBACION DO RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL Nº 5/2016.
PUNTO 5.- DAR CONTA DA RENDICIÓN Ó MINISTERIO DO 3º TRIMESTRE DO CONCELLO.
PUNTO 6.- DAR CONTA DO COSTE EFECTIVO DOS SERVIZOS 2015.
PUNTO 7.- DAR CONTA DO INFORME DE MOROSIDADE E PERIODO MEDIO DE PAGO DO 2º E 3º TRIMESTRE  DO 2016.
PUNTO 8.-  MOCIÓNS.
1. RE nº 6.590 do BNG.- Moción de apoio as reclamacions dos traballadores do mar.
2. RE nº 6.786 do BNG.- Moción de oposicion á LOMCE e ás súas reválidas.
3. RE nº 6.998 de C`s – Partido de la Ciudadanía asumida pola Concelleira non adscrita.-Ubicación do mercadillo dos sábados para a Alameda municipal.
4. RE nº 6.999 de C´s – Partido de la Ciudadanía asumida pola Concelleira non adscrita -  Moción sobre a redacción do proxecto para levar a cabo a apertura da saída sur do porto da Guarda, dende a rúa Fernandez Albor á carretera de Circunvalación tal como se contempla no PXOM e estudio dunha saida norte.
5. RE nº 7.048 do BNG.-Moción sobre a transferencia da AP-9.
6. RE nº 7.124 do PsdeG - PSOE.- Reclamación de remate da Vias de Altas Prestacións Tui-A Guarda.
7. RE nº 7.146 do BNG.- Moción a prol da ampliación da acreditación por violencia machista, da creación do estatuto do feminicidio e da toma de medidas contra as consecuencias sobre as mulleres da desigualdade económica
8. RE nº 7.263 do PsdeG – PSOE.- Con motivo do día internacional contra a violencia de xénero.
9. RE nº 7.289 do BNG.- Moción para a adhesión ao Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra
10. RE nº 7.301 do PP.- Moción para tomar as medidas necesarias para que a  Alameda e inmediacións sexan, efectivamente, zonas libres de botellón.
11. RE nº 7.302 do PP.- Moción para a mellora do firme no acceso e aparcadoiro dende a baixada ó Pasaxe ao cemiterio e o tanatorio de A Guarda.
12. RE 7.303 do PP.- Moción de apoio ós tripulantes guardeses de palangre de superficie  para o coeficiente reductor do 0,40.

PUNTO  11.- ROGOS E PREGUNTAS
Notifíquese a presente convocatoria a todos os membros do Pleno, e expóñase no taboleiro de anuncios para xeral coñecemento de todo os veciños, e remítase así mesmo a prensa local.

CONVOCADOS: D. Antonio Lomba Baz, Dna. Mª Montserrat Magallanes Álvarez, D. Miguel Amegl Español Otero, Dª Mª. Elena Baz Rodríguez, D. Manuel Javier Crespo González, Dna. Mª. Teresa Vicente Baz, D. Paulino Rodríguez González, Dª. Mª de la Concepción Ortega Martínez, D. José Carlos Castro Martínez, D. Roberto José Alvarez Carrero, Dna. Elena Acevedo Rolán, D. Oscar Alonso Alvarez, D. Angel Luis Baz Vicente, D. Xan Lois Lomba Alonso, Dª. Mª Mercedes Martínez Vazquez, D. Celso Juan Rodríguez Fariñas, e Dª. María de Fátima Iglesias Ferreira.


A Guarda, 22 de novembro de 2016

O Alcalde,

Antonio Lomba Baz

A GUARDA

Os obradoiros de fotografía social conclúen mañá na Guarda tras percorrer dez concellos  

- Uns corenta estudantes dos colexios San José e Pais Somascos participarán nesta actividade de sensibilización ás 12 horas no Centro Cultural da Guarda  

- O fotoxornalista Felipe Carnotto achega a fotografía como ferramenta de cambio a municipios socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade  


Carmen Novas / A Guarda

 Os obradoiros de fotografía social impartidos por Felipe Carnotto conclúen mañá xoves día 24 de novembro, na Guarda, tras percorrer dez concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Corenta estudantes de 3º e 4º da ESO dos colexios San José e PP. Somascos, achegaranse á imaxe como ferramenta de transformación social a partir das 12 horas no Centro Cultural. O programa aborda tamén a historia da fotografía documental, a definición do fotoxornalismo ou o respecto polas persoas fotografadas. 

 No transcurso da sesión, que inclúe prácticas nas que o alumnado tirará as súas propias fotografías co teléfono móbil, visionarase asemade o traballo realizado por Carnotto na ruta das persoas refuxiadas e tamén en Nicaragua, país ao que viaxou para visibilizar os proxectos do Fondo Galego tras gañar o certame Imaxes con Fondo II. Coa aula da Guarda, arredor de 300 mozos e mozas terán pasado pola actividade, que nos últimos catro meses se realizou tamén en Xove, Redondela, Teo, Cuntis, Lugo, Lousame, Mugardos, Burela e Fene. 

 Nestes intres, está aberta na páxina de Facebook do Fondo Galego a votación online de Imaxes con Fondo II, que desta volta xirou arredor da interculturalidade. Promover a reflexión, o pensamento crítico e un cambio de actitude dentro da nosa sociedade, por medio da palabra e a imaxe, é o obxectivo tanto do concurso como da exposición do mesmo nome, conformada por 19 obras que concorreron na primeira edición.  

 A mostra, deseñada polo debuxante Pepe Carreiro, instalarase na Casa do Concello da Guarda entre o 5 e o 20 de decembro para concienciar sobre as condutas respectuosas coa contorna e coas persoas que nela habitan. A solidariedade interxeneracional, o aforro enerxético, a protección ambiental, o consumismo, a prostitución, a explotación laboral, a crise alimentaria e as desigualdades Norte-Sur son algunhas das temáticas abordadas. 

O Fondo Galego 
 O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 88 concellos e as deputacións da Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido uns 150 proxectos en 30 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur. 

DEPORTES

A GUARDA ACOLLE A TERCEIRA EDICIÓN DO TRAIL DO TREGA

A proba celebrarase o domingo día 27 de novembro, ás 10:00 h., e a andaina un pouco antes  


Infogauda / A Guarda

 A Guarda vivirá unha última fin de semana de novembro volcada co deporte. Ademais da proba de Campo a través dirixida a alumnos dos colexios e clubs deportivos da comarca do Baixo Miño do sábado; tamén se celebra unha nova edición do Trail do Trega o domingo día 27 de novembro. 

 O III Trail do Trega consistirá nunha carreira a pé cunha distancia aproximada de 18,5km que transcorre polo Monte Santa Trega e os seus arredores. O evento, organizado por TIMEAVENTURE en colaboración co Concello da Guarda, contará tamén cunha andaina simultánea de aproximadamente 10 km polo mesmo entorno. As dúas probas, tanto a andaina como a carreira terán a saída e a meta no Centro Cultural. O Trail dará comezo ás 10:00 horas e a andaina iniciarase un pouco antes.  

 Os participantes deben ter polos menos os 18 anos de ideade. Para realizar as inscricións, poden facelo premendo nesta ligazón, ata o 25 de novembro ás 23:59 horas. O prezo é de 13 euros para o Trail e de 3 euros para a andaina. 

 Existen 5 categorías en función da idade e se entregarán 3 premios por categorías, ademais de 3 premios absolutos e outros 3 para os primeiros guardeses en categoría feminina e masculina. A recollida dos dorsais farase tanto o día antes dende as 17 ás 19 horas como o día da proba, ata 45 minutos antes de que comece, na sala de Exposicións do Centro Cultural. Ó longo da proba os participantes contarán con 4 puntos de avituallamento e o tempo máximo para realizar a proba será de 4 horas. 

 Para máis información: 

TIMEAVENTURE 

C/Pla y Cancela, 37-5º Dcha (15005) A Coruña Teléfono: 649 656 538 
e-mail: info@timeaventure.es 

Concello de A Guarda 
Praza do Reló, 1 -36780 
A Guarda (Pontevedra) Teléfono: 986 610 000 
e-mail: deporte@aguarda.es

CAMINHA

CINEMA

Boletim da Sessão nº 272

"Que Teria Acontecido a Baby Jane?", de Robert Aldrich (1962)

Sexta-feira, 25 de novembro às 21:45 no Auditório do Museu Municipal de Caminha


Locus Cinemae / Caminha

 “Engraçado, ou não, o filme cercou diversas lendas sobre o relacionamento das duas estrelas, alimentado pelas declarações prejudiciais que as duas davam. Bette Davis, a garota Warner Bros., dizia que a fiel concorrente baseava seu sucesso em um rosto bonito, já a garota MGM, Joan Crawford, sempre foi conhecida por um gênio forte. As lendas alarmavam para costelas quebradas nas cenas de luta, uma comilança de tortas para dificultar as gravações e atrizes que mal se falavam fora de cena.
Pessoalmente, me arrisco a dizer que Crawford e Davis desvendaram a fórmula dos tabloids, e observaram que a polêmica renderia cada vez mais atenção para duas atrizes que não emplacavam um filme de sucesso a alguns anos.
Por que sou tão boa interpretando vilãs? Talvez porque eu não seja uma vilã. Talvez por isso a Joan Crawford sempre interprete mocinhas. — Davis”


FICHA TÉCNICA:
Título original: “What ever happened to Baby Jane?”1962, EUA
Realização: Robert Aldrich
Argumento: Lukas Heller, baseado no romance de Henry Farrell
Fotografia: Ernest Haller
Montagem: Michael Luciano
Música: DeVol
Produção: Robert Aldrich
Duração: 134 minutos
FICHA ARTÍSTICA:
Bette Davis…. Baby Jane Hudson
Joan Crawford…. Blanche Hudson
Victor Buono…. Edwin Flagg
Wesley Addy…. Marty Mc Donald
Julie Allred…. Baby Jane Hudson em 1917
Anne Barton…. Cora Hudson
Marjorie Bennett…. Dehlia Flagg
Bert Freed…. Ben Golden
Anna Lee…. sra. Bates
Maidie Norman…. Elvira Stitt

Programação:   
DEZEMBRO 2016   

Ciclo Cinema e Música    

02 de Dezembro, “O Cantor de Jazz”, Alan Crosland, 1927, EUA, Sessão 273 (M/12)  

09 de Dezembro, “Gigi”, Vincente Minnelli, 1958, EUA, Sessão 274 (M/12)  

16 de Dezembro, “My Fair Lady”, George Cukor, EUA, 1964, Sessão 275 (M/12)  

23 de Dezembro, “Um Retrato de Woody Allen”, Barbara Kopple, EUA, 1997, Sessão 276(M/6)  

30 de Dezembro, “Walk The Line”, James Mangold, EUA, 2005, Sessão 277(M/12)