A GUARDA ACOLLE A TERCEIRA EDICIÓN DO TRAIL DO TREGA
A proba celebrarase o domingo día 27 de novembro, ás 10:00 h., e a andaina un pouco antes
Infogauda / A Guarda
A Guarda vivirá unha última fin de semana de novembro volcada co deporte. Ademais da proba de Campo a través dirixida a alumnos dos colexios e clubs deportivos da comarca do Baixo Miño do sábado; tamén se celebra unha nova edición do Trail do Trega o domingo día 27 de novembro.
O III Trail do Trega consistirá nunha carreira a pé cunha distancia aproximada de 18,5km que transcorre polo Monte Santa Trega e os seus arredores. O evento, organizado por TIMEAVENTURE en colaboración co Concello da Guarda, contará tamén cunha andaina simultánea de aproximadamente 10 km polo mesmo entorno. As dúas probas, tanto a andaina como a carreira terán a saída e a meta no Centro Cultural. O Trail dará comezo ás 10:00 horas e a andaina iniciarase un pouco antes.
Os participantes deben ter polos menos os 18 anos de ideade. Para realizar as inscricións, poden facelo premendo nesta ligazón, ata o 25 de novembro ás 23:59 horas. O prezo é de 13 euros para o Trail e de 3 euros para a andaina.
Existen 5 categorías en función da idade e se entregarán 3 premios por categorías, ademais de 3 premios absolutos e outros 3 para os primeiros guardeses en categoría feminina e masculina. A recollida dos dorsais farase tanto o día antes dende as 17 ás 19 horas como o día da proba, ata 45 minutos antes de que comece, na sala de Exposicións do Centro Cultural. Ó longo da proba os participantes contarán con 4 puntos de avituallamento e o tempo máximo para realizar a proba será de 4 horas.
Para máis información:
TIMEAVENTURE
C/Pla y Cancela, 37-5º Dcha (15005) A Coruña Teléfono: 649 656 538
e-mail: info@timeaventure.es
Concello de A Guarda
Praza do Reló, 1 -36780
A Guarda (Pontevedra) Teléfono: 986 610 000
e-mail: deporte@aguarda.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario