ELECCIÓN DUNHA NOVA XUNTA DIRECTIVA
Da Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño
José Quinteiro*
A Xunta Directiva da Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño remata o seu mandato de catro anos.
Transcorrido o prazo para o que foron elixidos, ábrese o período de elección a unha nova.
Entre o dia 1 e 15 de setembro, poderanse presentar candidaturas para formar unha nova Xunta Directiva.
Según o punto 5 do artigo 23 dos Estatutos, as candidaturas deberán achegarse á Secretaria da Asociación por calquera medio que acredite a súa recepción.
O día 27 de setembro ás 19:30, no almacén de Tomiño, está convocada a Asamblea Extraordinaria na que se elixirá unha Xunta Directiva que dirixirá a Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño durante catro anos.
* Presidente da Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño
Ningún comentario:
Publicar un comentario