23 de nov. de 2016

A GUARDA

A GUARDA CONMEMORA O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este venres día 25 de novembro, ás 12:30 h., cun acto na Praza do Reló 


Infogauda / A Guarda

  Concellería de Igualdade do Concello da Guarda convida a tódolos veciños e veciñas da vila ao acto conmemorativo con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.  

 Este acto terá lugar o día 25 de novembro ás 12:30 horas na Praza do Reló, xunto ao edificio do concello. Nel, o Alcalde xunto coas Concelleiras da Corporación Municipal procederán a dar lectura ao manifesto e a colocación dunha pancarta, coa que o Concello da Guarda quere mostrar a súa total repulsa ante todos os casos de Violencia de Xénero. O grupo Acevedosdelgados porá a nota musical ao acto.  

 Ademais, como complemento a estas actividades, o Centro de Información ás Mulleres da Guarda tamén organiza o sábado día 3 de decembro,ás 20:30 horas, no Centro Cultural, a representación da obra de teatro “Pementeiras”. Esta historia de empoderamento feminino, creada pola compañía Xoré Teatro, está contextualizada e inspirada no traballo das mulleres pementeiras, que aínda que desempeñan un papel fundamental no referente ao traballo de produción e distribución deste produto, seguen a sufrir a brecha na representación da valoración do seu traballo. A obra é de balde e a recollida das entradas farase no Centro Cultural ou no Centro de Información ás Mulleres (xunto ó Xulgado de Paz).  

 A concelleira de Igualdade do Concello da Guarda, María Teresa Vicente Baz sinala que “con esta programación de actividades, o Concello da Guarda súmase á conmemoración do Día contra a Violencia de Xénero, manifestando así, a máis absoluta e enérxica condena ante as inadmisibles situacións de violencia que, aínda que pareza inconcebible, se seguen a producir.   

 A violencia de xénero constitúe unha lacra de carácter mundial, un atentado contra os dereitos humanos e a dignidade das persoas que impiden á nosa sociedade continuar avanzando. A loita contra a violencia é unha tarefa común, hai que aunar esforzos e compromisos, se queremos que a violencia de xénero desapareza

Ningún comentario:

Publicar un comentario