BALTAR, ESPERANZADO CON FUTURO DE NOVACAIXAGALICIA
O Presidente da Deputación, José Luis Baltar Pumar, felicitou aos responsables de Novacaixagalicia polo proceso de fusión realizado e amosou a súa ilusión e esperanza no futuro polo papel que pode xogar a nova entidade financieira. A súa intrervención produciuse no acto de entrega de premios da XI Bienal Internacional de Gravado, organizada pola caixa.
"As miñas primeiras palabras quero que sexan de felicitación para os premiados neste prestixioso certame, que puxo en marcha no seu día a entón chamada Caixa Ourense. Felicitarnos tamén porque Caixanova foi quen de continuar ese labor cultural e artístico nestes últimos anos e, agora, a NOVACAIXAGALICIA vai darlle garantías de futuro.
Ser seleccionado ou conseguir un premio neste certame é algo altamente complexo e difícil, pola extraordinaria competencia que existe. Por tal motivo, parabéns a todos.
Estamos en momentos de mudanza, de grandes cambios no eido económico e financieiro galego, que afectan directamente ás nosas caixas.
A práctica totalidade dos galegos apostamos por un proxecto común, un proxecto de país, para manter unha ferramenta financieira que puidese dar resposta ás peculiaridades que ten Galicia, ás súas características máis singulares.
Estamos nos primeiros pasos dese novo tempo, dese novo andar, e temos postas moitas ilusións, moitas esperanzas e desexos no futuro desta entidade.
Creo que os galegos sentímonos sempre galegos, por enriba de todo. Temos que sentir tamén á nosa caixa como unha caixa galega, porque así sempre será nosa e nunca nos será allea.
Certamente, os primeiros pasos son alentadores. Demostramos madurez neste proceso e hoxe atopámonos aquí xuntos os responsables da entidade financieira e os responsables das institucións autonómicas, locais e provinciais.
En definitiva, estamos todos xuntos, apoiando un proxecto común, un proxecto que non ten máis color ca o da cultura, que non ten máis color ca o da arte e a calidade.
Ogallá, no futuro poidamos estar moitas máis veces xuntos, porque será sinal de que imos polo camiño atinado e sempre será bo para todos.
A Bienal de Grabado Julio Prieto Nespereira é un compromiso de calidade dunha institución que sabe facer ben as cousas e á que lle debemos recoñecer tamén un papel fundamental dentro da nosa sociedade.
Parabéns incondicionais á novacaixagalicia polo traballo feito, por este magnífico premio, por este magnífico acto e parabéns adiantados polo moito e bo que nos vai a deparar no futuro.
Moitas gracias".
Ningún comentario:
Publicar un comentario