21 de mar. de 2011

TUI










CHEGA A TUI “MERCA NA RÚA”, UNHA ACTIVIDADE DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL QUE SORTEARÁ 3.000 EN VALES DE COMPRA ENTRE OS CLIENTES DO COMERCIO LOCAL PARA FOMENTAR O CONSUMO.



Entre o 21 de marzo e o 2 de abril terá lugar en Tui a campaña de dinamización comercial “Merca na Rúa” promovida pola Deputación de Pontevedra e a Dirección Xeral da Xunta de Galicia a través da oficina provincial de Comercio REDIC.

Trátase dunha actividade de dinamización comercial coa que se pretende fomentar as ventas e incentivar o consumo no pequeno comercio, a visualización do comercio de proximidade, fomentar o asociacionismo e animar as rúas comerciais das vilas.

A iniciativa que por segundo ano se está a desenvolver en 10 vilas da provincia de Pontevedra, sorteará en cada unha delas 3.000 euros en vales de compra (24 vales de 100€ e 2 de 300€) para gastar nos comercios locais. Estivo xa en Forcarei, Cambados, Poio, Redondela e Valga, agora en Tui e desenvolverase durante os meses de febreiro, marzo e abril nos municipios de Porriño, Cangas, Silleda e Caldas.


Dinámica da actividade

A actividade será publicitada por dinamizadores comerciais que animarán a comerciantes e consumidores a tomar parte nela durante as dúas semanas nas que se desenvolva en cada vila e ao mesmo tempo instalarase unha carpa nun lugar céntrico a modo de punto de información.
Os consumidores que queiran participar deberán presentar na carpa os tickets das compras realizadas entre as 10:00h do luns da 1ª semana e as 17:00h do sábado da 2ª semana, e recibirán nese momento a metade dun boleto para participar no sorteo dos vales de compra. A outra metade será depositado na furna habilitada a tal efecto na carpa da organización.
O sábado da 2ª semana en cada una das 10 vilas, celebrarase o peche da campaña (nunha carpa que se colocará nunha zona céntrica) durante a que se fará o sorteo público dos vales de compra por valor de 3.000€ (24 vales de 100€ e 2 de 300€) que consistirá na extracción dos boletos depositados ao longo das dúas semanas que durou a campaña nas furnas habilitadas a tal efecto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario