23 de mar. de 2011

OURENSE

A DEPUTACIÓN E A XUNTA PROMOVEN UNHA FÁBRICA DE COCHES ELÉCTRICOS EN MELÓN

A Deputación provincial de Ourense e maila Xunta de Galicia promoven a instalación dunha empresa de capital inglés que se dedicará a fabricar coches eléctricos no concello de Melón. O investimento previsto é de 26 millóns de euros, creará máis de 1.000 postos de traballo cando estea a pleno rendemento e prevé fabricar 20.000 coches anuais.
O proxecto da empresa XERO consiste na fabricación dun modelo de tres prazas (X3 RO) coa última tecnoloxía, cunha autonomía de 200 quilómetros e un custe estimado para Europa de 18.000 euros máis IVE. Os primeiros prototipos – cos que se farán probas de durabilidade e outros controis- circularán polas estradas ourensás entre maio e xuño e a partires deles empezará a fabricación en serie.
A planta, a construir en Melón, ten previsto ocupar uns 100.000 metros cadrados de chan e debería estar rematada a finais do ano 2012. Mentres, proudiciríase un número reducido de unidades en instalacións temporais que alugaría a empresa.
O Presidente da Deputación, que desvelou que este é un proxecto que naceu no Inorde e que conseguíu posteriormente o apoio da Xunta de Galicia a través do IGAPE e da consellería de Industria, co Plan Impulsa Ourense, dixo que “a implantación desta empresa e a súa aposta pola creación de emprego marcará un antes e un despois na nosa provincia”. Baltar aludíu á importancia de que os 1.000 postos de traballo directos que se prevé crear suporán a creación ou mantemento de moitos máis postos indirectos de empresas auxiliares do automóvil, das que en Ourense hai excelentes exemplos.
Tamén valorou positivamente o presidente da Deputación os efectos do Plan Impulsa e dixo que “foi moi criticado pola oposición, pero aquí vemos os seus efectos positivos, porque esto faise gracias a ese plan”.
O conselleiro de Industria, Javier Guerra salientou a aposta do seu departamento por esta iniciativa dende o momento en que lle foi presentada –no pasado mes de setembro- e dixo que “estase producindo un momento de cambio no sector da automoción. No futuro haberá unha gran presencia da electromovilidade e Galicia ten que estar posicionada con diferentes alternativas”, salientando tamén o apoio que a Xunta realiza a Citroen para a construcción do seu vehículo eléctrico en Vigo.
Guerra lembrou que “Galica é polo da automoción en España” e sobre este caso particular indicou que “trátase dun proxecto ilusionante, con investimento estranxeiro e coa creación de moito emprego directo”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario