15 de mar. de 2011

VILANOVA DE CERVEIRA

O PROXECTO RM RÍO MIÑO SERÁ PRESENTADO O VINDEIRO MÉRCORES

O vindeiro mércores, día 16 deste mes, ás 15:30 (hora portuguesa), no Aquamuseu do Río Minho, de Vila Nova de Cerveira, terá lugar á presentación da marca RM Río Miño, acto que contará coa participación de José Benito Guerreiro, promotor desa iniciativa.
¿QUÉ É RM RÍO MIÑO?

- Sistema de trazabilidade que baixo a marca RM Río Miño vai permitir un seguimento dos peixes pescados no Río Miño desde o momento en que son capturados hasta que chegan ó consumidor final.
- Este sistema salirá ó mercado baixo a marca rexistrada RM Río Miño. Este rexistro foi feito para España e Portugal nas correspondentes oficinas nacionais de patentes- marcas e propiedade industrial.
- O logotipo ,que será perforado nas aletas dos peixes mediante un proceso automatizado, está rexistrado para toda a CEE para o marcaxe de peixes
- O noso proxecto é transfronteirizo e pretende beneficiar por igual a todo-los pescadores e restauradores de ambos lados da fronteira e tomando ó Río Minho co que leva sendo desde tempos inmemoriais: UN PUNTO DE ENCONTRO.
¿CUÁNDO E CÓMO SURXE RM RÍO MIÑO?

- Durante a temporada de lamprea do 2010, a José Benito Guerreiro Álvarez, pescador do Río Miño, nunha noite de pesca, ocurríuselle a idea de perfora-las aletas das lampreas pescadas no Miño como o camiño a seguir para diferencialas doutras foráneas que son introducidas no mercado como procedentes do Miño cuando en realidade non o son.
- Comentoulle esta idea a outro pescador, Benigno Barreiro Cardoso, e entre os dous empezaron a darlle voltas a creación dun sistema de trazabilidade para a pesca do Río Miño.
- Rexistraron a marca comercial RM RÍO MIÑO e reservaron o dominio de internet
www.pescadoriominho.com.
- No mes de setembro de 2010, despois de varios meses pulindo a idea orixinal, puxéronse en contacto cun diseñador gráfico, Fernando Coello, que se encargou do diseño do logotipo do proxecto e a páxina web e con Rafa Couto, de Aplicaciones y Redes, que se encargou de desarrolla-la aplicación informática que permite faer un seguimento dos peixes desde que son pescados hasta que chega ó cliente final.
- Desde o nacemento da idea, a mediados de xaneiro, hasta a sua presentación oficial no V SIMPÓSIO IBÉRICO SOBRE A BACIA HIDROGRAFICA DO RIO MIÑO, o 20 de novembro, pasaron casi 10 meses que foi o tempo que levou darlle forma a este proxecto.


¿EN QUÉ SE DIFERENCIA O NOSO SISTEMA DOUTROS PROCEDEMENTOS DE TRAZABILIADE DE PEIXES?.

- Os sistemas tradicionais de etiquetación existentes no mercado ( exemplo: as guías de pesca que podemos ver nunha pescadería) non ofrecen información clara e , na maioría dos casos, non podemos levala para a casa.
- As tarxetas RM RÍO MIÑO irán insertadas en cada peixe (lampreas, sábalos…) ,serán tarxetas individualizadas para cada un deles e que a través dun código QR (para lectura a través dun teléfono móvil) e un código numérico (para efectuar a mesma comprobación a través da páxina web
www.pescadoriominho.com ) permitiranos comprobar cuando foi pescado ese peixe, quen o pescou, donde…
- A maiores, todo-los peixes levarán perforado na sua aleta dorsal o logotipo asociado a marca RM Río Miño.
Este logotipo é a nosa imaxen de marca e témolo rexistrado para toda Europa , o que nos capacita legalmente para ser os únicos que podemos utilizar este logotipo para o marcaxe de peixes en toda a CEE.
Añadiremos tamén que a marcaxe dunha aleta por perforación é algo do que, comercialmente falando, non temos constancia de que se realice en ningún lugar. E iso convértenos nos creadores do primeiro sistema conocido que nos permitirá identifica-la procedencia dun peixe, incluso despois de cociñado.


¿POR QUÉ SE CREA ESTE SISTEMA DE TRAZABILIDADE?

- Para diferencia-los peixes que son pescados no Miño doutros foráneos que entran no mercado procedentes doutros países e que son vendidos como se foran pescados no Miño.
- É extremadamente necesario valoriza-los productos pesqueiros do Miño, xa que a pesca do Río Miño ten mui boa imaxen no mundo da gastronomía e son muitos os restaurantes nos que dicen que sirven peixes procedentes do Río Miño.
Para os restauradores, utiliza-lo nombre do noso río é un reclamo publicitario mui bo pero…Nin sempre é verdade e, inda nos casos en que realmente o é, non contan cun sistema que lles permita ós seus clientes poder comprobalo e nos seremos os primeiros en ofrecerllo.

¿CUALES SON OS OBXETIVOS QUE PRETENDEMOS CONSEGUIR?

- Valoriza-los productos pesqueiros do Río Miño,ofrecendo un valor añadido ó cliente final.
- O cliente relaciona garantía de procedencia con calidade e nos pretendemos ofrecer algo tan simple como a posibilidade de comprobar esa procedencia.
- Dar resposta a demanda do sector hosteleiro, polo menos da parte do sector da hosteleria que traballa con seriedade, non engana ós seus clientes e quere ofrecerlles productos cunha garantía de procedencia.
- Lamentablemente muitos restauradores son enganados polos seus proveedores e ,como non existe un método para comprobar se dice a verdade…pois prodúcese un círculo vicioso donde uns enganan ós outros e nos pretendemos romper con este círculo.
- Aumenta-los beneficios dos pescadores e os restauradores practicando un modelo de negocio socialmente comprometido coa xente que máis traballa.
- Concienciar ós pescadores da necesidade de que a pesca debe ser un recurso sostible ó longo do tempo. Non se trata de pescar muito senón de valoriza-los productos que se poñen no mercado.
Para iso hai que regulariza-la cantidade de peixe que se pon no mercado, as fechas en que sale e incluso estudia-la posibilidade de establecer cupos de pesca.
- Promociona-la pesca do Río Miño como producto de excelencia.
- Intentar que a nosa marca RM Río Miño e o noso logotipo sexa a marca coa que máis pescadores e restauradores traballen e posicionarnos como o sistema de trazabilidade de referencia no Río Miño .

¿CUÁLES SON OS CONTRATEMPOS COS QUÉ NOS ATOPAMOS PARA POR EN MARCHA ESTE PROXECTO?

- Chegar cun proxecto antes de tempo debido ó vacío legal existente na comercialización da pesca no Río Miño. Si existe un reglamento para a pesca dende a segunda metade do século XIX, pero tanto este reglamento, como as sucesivas modificacións que se fixeron, non fae referencia a comercialización da pesca, que é considerada como unha axuda económica ós ribereños.
- Non existe unha lonxa de peixe do lado español do Río Miño e iso limita muito a comercialización dos peixes xa que, legalmente falando, está prohibido comercializar peixes sin a existencia dunha lonxa.
- Dificultades para conseguir financiación.

¿CUÁLES SON OS NOSOS PUNTOS FORTES?.

- A pesca do Río Miño é un referente na gastronomía e son muitos os restaurantes de Galicia, O Porto, Lisboa, Madrid… que presumen de servir lampreas, angulas, sábalos... do Río Miño, pero non contan cun sistema que poida ofrecer ós seus clientes a posibilidade de que poidan comprabar de que iso é certo.
No caso das lampreas, a posibilidade de que esa afirmación non sea certa e de que a lamprea que se está comendo non proceda do Río Miño é superior ó 50 %.
Para faer esta afirmación sólo temos que ter en conta que nunha temporada de pesca, en toda a Península Ibérica, pódense chegar a consumir unhas 400.000 lampreas que dicen que proceden do Río Miño pero…nunha temporada de pesca no Miño, sólo se capturan unha media de 200.000 lampreas, ¿de donde proceden as outras 200.000?.
- A necesidade dun sistema de certificación da pesca do Río Miño é algo demandado polos restauradores xa que os seus clientes demandan unha garantía de procedencia.
De feito, despois da nosa presentación no V SIMPÓSIO IBÉRICO SOBRE A BACIA HIDROGRÁFICA DO RIO MINHO en Vila Nova de Cerveira, foron varios os medios de comunicación que se interesaron polo noso proxecto e xa contamos con varios restauradores que queren contar co noso sistema de trazabilidade no seu establecemento.
Lamentablemente, este ano sólo vamos a por a funcionar este proxecto de forma experimental e, en principio, sólo estaremos presentes en 3 ou 4 restaurantes, pero creemos que a demanda vai ser bastante superior.
- Está previsto que a partir de enero de 2012 os pescadores do Río Miño xa contemos cunha lonxa fluvial na localidade de Goián e, o equipo de traballo que está desarrollando este sistema de trazabilidade, xa ofreceu ós pescadores que están ó frente dese proxecto a posibilidade de que lle certifiquemos ós seus peixes e están mui interesados en que así sea.
- É probable que, a partir de noviembre do 2011, se vaia a profesionaliza-la pesca no Río Miño e iso obligará a comercializa-los peixes de forma legal e nos seremos os primeiros en ofrecer un sistema de comercialización cun proceso de trazabilidade, algo que hasta o momento ainda non fixo ningún comercializador.
- O noso sistema de comercialización non ten nada que ver cos nosos potenciales competidores xa que:
1º- Xamais utilizaron un sistema de trazabilidade para os seus productos nin consideran que sea necesario.
2º- Non fiscalizan a sua facturación porque, hasta día de hoxe, as autoridades españolas, fiscalmente falando, miran para outro lado e non existe control algún e sólo en Portugal se deron os primeiros pasos a nivel fiscal e en España empeza a verse algo na comercialización da angula, pero no resto de peixes inda non se está faendo nada.
E polo tanto nos non vamos a competir con naide xa que vamos a faer as cousas dunha forma radicalmente diferente.
Iso supón un risco, pero se temos en conta que os sistemas de trazabilidade na comercialización do peixe é algo obligatorio por lei e que, cuando chegue a profesionalización ó Miño, vai ser necesario para vender e comprar os peixes e se a isto lle añadimos que nos serémolos primeiros en levar a garantía de procedencia hasta ó mismo momento de come-lo peixe; as expectativas son bastante boas.
Nun panorama de comercialización donde se traballe dunha forma legal, algo que debería producirse ó largo do ano 2011, noso proxecto podería salir adiante centrándose simplemente no desarrollo do sistema de certificación, cobrándolle a cada pescador por certificar os seus peixes.

¿ CÓMO VAMOS A REALIZA-LO PROCESO DE TRAZABILIADE?

Explicaremo-lo proceso tomando como exemplo a trazabilidade dunha lamprea.

- O equipo de traballo, previa comprobación de que as lampreas que veñen a bordo foron pescadas na marea que acaba de finalizar, recolleranas directamente ó pescador no momento de chegar a porto.
- Esta comprobación, para que ofreza a máxima garantía, realizarase contrastando o número de lampreas que hai no viveiro do barco coas anotacións no libro de pesca da embarcación e aspectos como a coloración, índice de dureza das lampreas, similitude entre todo-los exemplares e outros sistemas de control que están en fase de desarrollo.
- Finalizada esta primeira comprobación; procederase a introduci-las lampreas nun salabardo e precintarase cunha etiqueta na que se anotarán os datos do pescador, número de exemplares, fecha e hora.
- Unha vez que os salabardos coas lampreas cheguen ó viveiro; procederase a sua apertura e marcaxe individualizado de cada unha das lampreas.
- Este marcaxe realizarase de forma automática cunha máquina que perforará na aleta dorsal de cada unha das lampreas o logotipo da empresa RM Río Miño. Este logotipo foi rexistrado para toda Europa e sólo os responsables de RM Río Miño están legalmente autorizados para marcar peixes con este distintivo en toda a CEE.
- A continuación, na misma aleta, fixarase unha tarxeta que identificará a cada peixe de forma individualizada. Cada tarxeta levará un código QR e outro numérico e ira suxeita a lamprea hasta o momento de ser cociñada.
- Cuando un cliente chega a un restaurante; se na entrada do mismo observa unha placa identificativa da empresa RM Río Miño, será a indicación de que nese local sírvense peixes do Río Miño.
- No momento en que a lamprea é servida na mesa; nun pequeno plato porase a disposición dos comensais a tarxeta que iba suxeita na lamprea hasta o momento de ser cociñada.
- Ó comensal que lle toque a porción da lamprea na que está a aleta dorsal; poderá observar claramente o logotipo de RM Río Miño perforado en dita aleta, o mismo que estaba impreso na placa a entrada do restaurante e na tarxeta que está enriba da mesa.
- Se nese momento, algún dos que está na mesa dispón dun teléfono móvil que conte cun software que lea códigos QR, poderán comprobar a través da tarxeta da lamprea, datos como quen a pescou, cuando, donde…
- No caso de non dispor dun deses teléfonos, como poderán leva-la tarxeta con eles, noutro momento seralles posible faer esta comprobación entrando na páxina web
www.pescadoriominho.com e tecleando o código numérico que tamén ven impreso na tarxeta e que contén a misma información que o código QR.
- RM Río Miño, no momento en que sala ó mercado, convirtirase nun dos sistemas de trazabilidade de peixes máis avanzado e o único que hasta ó momento poderá ofrecer ó cliente final unha garantía de procedencia, incluso depois de cociñado, gracias a perforación do logotipo deste proxecto na aleta de cada peixe.



FASES PARA A POSTA EN MARCHA DESTE PROXECTO.

Este proxecto salirá ó mercado en varias etapas que se irán sucedendo nas seguintes campañas de pesca.
O feito de non faer ese lanzamento nunha sola campaña de pesca obedece simplemente a limitacións de carácter económico e as tremendas dificultades para conseguir financiación; xa que, se o promotor deste proxecto contara co capital necesario, neste momento existe a suficiente demanda como para polo a funcionar ó 100 %.
A posibilidade de que un inversor puxera capital para por en marcha esta iniciativa está totalmente descartada; xa que este proxecto está pensado para cambia-lo sistema de comercialización da pesca no Miño e , a nosa forma de traballar, vai muito máis alá dos procedementos de traballo que aplicaría unha persona que simplemente fixera unha aportación económica xa que, mui posiblemente, sólo estaría pensando no tempo en que tardaría en rentabiliza-la sua inversión.
E se buscamos unha rápida rentabilidade, o primeiro que o pagaría sería o pescador e o obxetivo deste proxecto é mellorar as condicións de vida dos pescadores, RM Río Miño non é máis do mesmo, é algo diferente. Estes son os pasos que temos previsto seguir nesta fase inicial do proxecto.

1º- Xa temos en fase de construcción a máquina perforadora e está previsto que nola entreguen entre a última semana de febreiro e a primeira de marzo.

2º - No momento en que poñamos en marcha o sistema; faeremos unha presentación oficial ós medios de comunicación e o Restaurante Os Remos de a Guarda e o Restaurante Amandio de Caminha empezarán a traballar con este sistema.

3º - O presidente da Asociación de Pescadores do Río Miño, Samuel Martínez Otero, será, despois do promotor do proxecto, que tamén é pescador, o seguinte que certifiacará as suas lampreas e as distribuirá entre os seus clientes.

4º - A finales do mes de marzo organizarase na comarca do Baixo Miño un fin de semana gastronómico ó que asistirán casi unha decena de críticos gastronómicos de España e algún máis de Portugal.
O obxetivo é presentarlles o noso sistema e que poidan ver como pescamos os peixes, o proceso de certificación, a forma de cociñalos e o resultado final.
Xa contamos cunha entidade colaboradora relacionada co mundo da restauración e que se encargaría de organizar este evento.

5º - Como fase final desta campaña; vamos a ofrecerlles ós organizadores da Feira da Lamprea de Arbo a posibilidade de que lle compren as lampreas para a sua festa a pescadores do Miño e que nos as certifiquemos.
Desta forma, eles poderían organiza-la sua feira con peixes que contan cunha garantía de procedencia do Río Miño.

6º - Terminada a campaña de pesca, valoraríamos, en función da aceptación que tuvera o noso proxecto, os pasos a seguir de cara a próximas temporadas; que básicamente se centrarían en conseguir máis fondos para comprar un vehículo e inicia-lo proceso de distribución; ou invertir máis capital sólo no proceso de certificación e incluso ser nos os que implantemos este sistema na futura lonxa de Goián.

CONCLUSIÓNS

RM RÍO MIÑO será un sistema de comercialización radicalmente diferente ó que se está faendo hasta ahora e está enfocado para mellora-la situación económica dos pescadores do Miño e os restauradores; algo que mui posiblemente redundará positivamente na economía da comarca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario