A XUNTA DE GALICIA E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA REPARTEN 3.000€ EN PREMIOS DENTRO DA CAMPAÑA “MERCA NA RÚA” PARA FOMENTAR O CONSUMO NO COMERCIO LOCAL DE TUI
Infogauda / Tui
Mañá 02 de abril pola tarde ás 17:00h na Avda. da Corredoira, s/nº (o lado da Igrexa de San Francisco) en Tui, a Directora Xeral de Comercio, Nava Castro Dominguez e o Deputado Provincial, Jesús María Fernández Portela, xunto coa Presidenta da Federación de Empresarios do Baixo Miño, Carmen Braga, o Presidente da Asociación de Comerciantes de Tui, Jorge Álvarez e un representante do Concello de Tui, repartirán un total de 3.000€ en 26 vales de compra entre os clientes do comercio local de Tui dentro da campaña de dinamización comercial “Merca na Rúa” organizada a través da Oficina Provincial de Comercio REDIC coa colaboración da Federación de Empresarios do Baixo Miño e a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Tui. O acto desenvolverase nunha carpa habilitada para a ocasión na Avda. da Corredoira, s/n, en Tui que dende hoxe pola tarde se porán en marcha diferentes actividades e obradoiros para os máis cativos e que é o lugar ao que dende primeira hora da tarde se achegará o público para non perderse o sorteo.
“Merca na Rúa” é unha actividade que coa que se pretende fomentar as ventas e incentivar o consumo no pequeno comercio; a visualización do comercio de proximidade; fomentar o asociacionismo; e animar as rúas comerciais das vilas da provincia de Pontevedra. Esta iniciativa, nacida grazas a un convenio de colaboración asinado entre a Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, se está a desenvolver por segundo ano consecutivo e se puxo en marcha en 10 vilas da provincia de Pontevedra sorteando en cada unha delas 3.000 euros en vales de compra (24 vales de 100€ e 2 de 300€) para gastar nos comercios locais. Estivo en Forcarei, Cambados, Poio, e Redondela durante o mes de novembro, Valga en decembro, en Tui ata o 2 de abril e desenvolvese tamén nos municipios de Porriño, Caldas, Silleda, e Cangas nos meses de febreiro, marzo e abril. Dinámica da actividade A actividade foi publicitada por dinamizadores comerciais que durante as dúas últimas semanas percorreron as rúas de Tui promovendo e incentivando as compras no comercio local, animaron a comerciantes e consumidores a tomar parte nela e ofreceron información na carpa que para a ocasión se colocou na Avda. da Corredoira, s/nº, en Tui. Os consumidores que quixeron participar presentaron nesta carpa os tickets das compras recibindo a metade dun boleto co que puideron tomar parte no sorteo dos vales de compra que finalmente terá lugar o sábado, día no que remata a actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario