17 de xul. de 2026

TOMIÑO

Unha fiestra aberta á obra orixinal do pintor Antonio Fernández  

Concello e Asociación Cultural Antonio Fernández organizan unha exposición con pinturas do artista ata o 28 de xullo na Aula-Museo que leva o seu nome en Goián  




Infogauda/Tomiño

 Obras orixinais para conquistar ao público. A Aula Pintor Antonio Fernández, de Goián acolle ata o 28 de xullo unha exposición imprescindible con pezas orixinais de Antonio Fernández Gómez (1882-1970), un dos grandes nomes da pintura galega, no espazo que leva o seu nome e que mellor pode honrar o seu legado. 

 A mostra, organizada pola Asociación Cultural Antonio Fernández en colaboración do Concello, é unha oportunidade única para achegarse á obra dun artista que forma parte da identidade cultural de Tomiño nun espazo accesible, próximo e de entrada libre para todo o público. A exposición pode visitarse de xoves a domingo, en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas. 

 Para a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, ter obras orixinais de Antonio Fernández expostas no espazo que leva o seu nome é algo especial. É un encontro entre o artista e o lugar, entre a historia e quen a quere coñecer. Animo a toda a veciñanza e aos visitantes a non perderse esta oportunidade”. A rexedora agradeceu ademais o traballo que desenvolven dende a Asociación Cultural Antonio Fernández para manter viva a memoria e o legado do artista goianés.

Ningún comentario:

Publicar un comentario