31 de xul. de 2026

DEPORTES

FÚTBOL

O Sporting Guardés e o Celta de Vigo xuvenil medirán forzas no Trofeo Festas do Monte Santa Trega  

 O martes, 4 de agosto, ás 19:00 horas,  no Estadio municipal A Sangriña


 

Ricardo Rodríguez Vicente/A Guarda

 O Estadio Municipal A Sangriña acollerá o vindeiro martes, 4 de agosto, ás 19:00 horas, unha nova cita deportiva con motivo do Trofeo Festas do Monte Santa Trega, que enfrontará ao Sporting Guardés e ao equipo xuvenil de División de Honra do Celta de Vigo.

 O encontro ofrecerá aos afeccionados ao fútbol unha oportunidade para gozar dun partido de preparación no que o conxunto local poderá medirse a unha das canteiras máis recoñecidas do fútbol galego.  

 O Sporting Guardés afrontará este compromiso coa ilusión de participar nun trofeo xa ligado ás celebracións das Festas do Monte Santa Trega, mentres que o Celta de Vigo Xuvenil D.H. chegará a A Guarda para amosar o nivel competitivo dunha das categorías máis esixentes do fútbol base.

 A organización anima á veciñanza e aos afeccionados ao deporte a achegarse ao Estadio Municipal A Sangriña para vivir unha tarde de fútbol e acompañar aos dous equipos nunha xornada deportiva e festiva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario