31 de xul. de 2026

A GUARDA

A Guarda acollerá un concerto de corais na praza do Reló o vindeiro martes  




Ricardo Rodríguez Vicente/A Guarda

 O Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda e a Comisión de Festas do Monte Santa Trega 2026 organizan un concerto de corais que terá lugar o vindeiro martes, 4 de agosto, ás 20:00 horas, na praza do Reló de A Guarda.

 A cita musical reunirá a tres formacións corais que ofrecerán ao público unha tarde de música e convivencia. No concerto participarán o Orfeón de Moaña; o Coro Cantemos, de Salvaterra de Miño; e o Coro do Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda.

 O evento conta coa colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación de Pontevedra e do Concello de A Guarda, contribuíndo ao desenvolvemento dunha programación cultural e festiva que aposta pola música coral e polos encontros entre entidades, veciñanza e visitantes.

 As entidades organizadoras convidan a toda a cidadanía a achegarse á praza do Reló para gozar deste concerto e do talento das agrupacións participantes, nunha xornada pensada para compartir música e tradición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario