31 de xul. de 2026

SALCIDOS (A GUARDA)

Salcidos prepárase para honrar a San Lourenzo e San Roque coas súas tradicionais celebracións de agosto  

•  As novenas comezarán os días 1 e 7 de agosto e culminarán coas festas solemnes dos días 10 e 16, nas que non faltarán as procesións en honra dos dous santos

 

Imaxes de San Lourenzo e de San Roque, que se veneran na parroquia de Salcidos

Ricardo Rodríguez Vicente/Salcidos

 A parroquia de Salcidos organiza durante o mes de agosto os actos relixiosos na honra de San Lourenzo, patrón da parroquia, e de San Roque.  

 Os cultos na honra de San Lourenzo comezarán este sábado, 1 de agosto, coa novena, que dará comezo ás 19:30 horas na igrexa parroquial de Salcidos.  

 O luns, 10 de agosto, celebrarase a festividade do patrón. Ás 11:30 horas terá lugar a misa solemne con sermón, seguida da tradicional procesión.

 Pola súa banda, a novena na honra de San Roque dará comezo o venres, 7 de agosto, na capela do santo. Os cultos celebraranse ás 7:30 horas pola mañá e ás 19:30 horas pola tarde. Os sábados e nas vésperas de festivo, a novena terá lugar na igrexa parroquial.  

 O domingo, 9 de agosto, e o venres, 15 de agosto, a novena celebrarase ás 11:30 horas na igrexa parroquial.

 A festividade de San Roque será o domingo, 16 de agosto. Ás 9:30 horas celebrarase unha misa rezada na ermida do santo. Posteriormente, ás 11:45 horas, a imaxe de San Roque sairá en procesión desde a capela ata a igrexa parroquial, onde terá lugar a misa solemne con sermón. Ao remate da celebración eucarística, a procesión regresará coa imaxe do santo ata a súa capela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario