A GUARDA CONTA XA CUN PUNTO DE AUTORREPARACIÓN DE BICICLETAS NA ALAMEDA PARA IMPULSAR O CICLOTURISMO SOSTIBLE
• O novo punto, que forma parte da rede de rutas cicloturistas do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, ofrece ás persoas usuarias ferramentas básicas para realizar pequenos axustes e reparacións nas súas bicicletas durante os percorridos
• A actuación promove a mobilidade sostible e ofrece ás persoas usuarias un servizo á súa disposición e información sobre os itinerarios cicloturistas do territorio
Infogauda/A Guarda
O Concello da Guarda conta cun novo punto de autorreparación de bicicletas, situado na Alameda, unha infraestrutura que forma parte do proxecto "Creación de rutas cicloturistas en contornos enogastronómicos", promovido pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Destino do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño "A Despensa de Galicia".
Esta actuación está incluída no marco do “Pla n de Recuperación Transformación y Resiliencia Financiado por la Unión Europea Next Generation EU”, e ten como obxectivo impulsar un modelo de turismo máis sostible dende a súa vertente ambiental, socioeconómica e territorial, promovendo a mobilidade e n bicicleta e a posta en valor dos recursos naturais, patrimoniais e paisaxísticos do territorio.
O novo punto de autorreparación ofrece ás persoas usuarias ferramentas básicas para realizar pequenos axustes e reparacións nas súas bicicletas durante os p ercorridos. Xunto á estación instalouse tamén un panel informativo coa información da ruta cicloturista vinculada á Guarda, incluíndo datos como a distancia, o desnivel, o tempo estimado, o nivel de dificultade, o tipo de bicicleta recomendado e un mapa do itinerario. Ademais, incorpora códigos QR que permiten descargar a ruta a través das plataformas Komoot e Wikiloc, así como acceder á información completa do proxecto de Galicia Suroeste.
A Guarda forma parte da rede de 17 rutas cicloturistas creadas no Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, entre as que destaca a ruta bidireccional que une o Monte Aloia e o Monte Santa Trega, cun percorrido de máis de 75 quilómetros a través dos concellos de Tui, Tomiño, O Rosal e A Guarda. Este itinerario conecta dous dos espazos naturais e patrimoniais máis emblemáticos do sur de Galicia e contribúe a ampliar a oferta de turismo activo e sostible do territorio.

Ningún comentario:
Publicar un comentario