17 de xul. de 2026

A GUARDA

A Guarda quenta motores para vivir a gran final do Mundial de Fútbol en comunidade 



Infogauda/A Guarda

 Baixo o lema "A final vívese na Guarda", o Concello da Guarda e a Comisión de Festas do Monte Santa Trega 2026 convidan á veciñanza a seguir o decisivo encontro desde a carpa instalada no porto. 

 O espazo converterase nun punto de encontro para afeccionados e afeccionadas de todas as idades, que poderán compartir a emoción da final nun ambiente festivo e con pantalla xigante. A iniciativa busca ofrecer unha alternativa de lecer colectivo para gozar dun dos eventos deportivos máis seguidos do mundo, reforzando ao mesmo tempo o carácter participativo das celebracións do Monte Santa Trega 2026.

 A organización anima á cidadanía a achegarse á carpa do porto para vivir unha xornada marcada pola paixón polo fútbol e polo ambiente festivo que promete converter A Guarda nunha gran bancada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario