23 de feb. de 2026

A GUARDA

Roberto Carrero decide coorganizar desde o Concello da Guarda as Festas do Monte 2026  

As Festas do Monte 2026 serán a cargo do Concello e da Asociación Almirante do Mar Oceana  


O alcalde de A Guarda, e o concelleiro de Cultura e Deportes, con dúas funcionarias municipais - técnicas de Cultura e de Turismo, respectivamente - e o presidente das Festas do Monte 2026, nunha reunión na Casa do Concello

Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 No día de hoxe, luns, 23 de febreiro de 2026, o Concello de A Guarda, fixo pública á seguinte nota de prensa, que tanto no seu titular e subtítulo, como no corpo da devandita nota, reproducimos íntegra e literalmente o seu contido, que é o seguinte: 

 "Por decisión do alcalde Roberto Carrero, o Concello da Guarda asumirá a partir deste 2026 a coorganización das tradicionais Festas do Monte Santa Tegra, festa de interese turístico galego, e a nosa celebración máis emblemática.  

 Esta nova etapa desenvolverase coorganizada coa asociación guardesa Almirante do Mar Oceana. O presidente das Festas do Monte 2026 será José Ángel Gándara Rodríguez, actual presidente da asociación, reforzando así a implicación directa da cidadanía e do tecido asociativo na dirección e coordinación dos festexos.  

 A decisión da coorganizacion municipal responde o compromiso firme da alcaldía de reforzar unhas festas que forman parte esencial da identidade guardesa. Segundo Roberto Carrero: "O obxectivo da coorganizacion municipal é dar un novo impulso ás Festas do Monte conservando a súa esencia tradicional e ampliar a súa proxección cultural e turística con festexos que conecten directamente coa historia e o carácter festivo e lúdico da festa guardesa por antonomasia"  

 Pola súa banda, José Ángel Gándara expresa o seu compromiso e o reto que supón ser o presidente das Festas do Monte 2026: "Imos traballar constantemente. Xa estamos a organizar un programa que combinará as verbenas tradicionais con actividades de todo tipo e trataremos de recuperar tradicións perdidas. Haberá sorpresas que espero sexan do agrado de todos e todas". Gándara fai un chamamento a toda a cidadanía guardesa a colaborar coa Festa do Monte 2026: "Espero estar á altura e non defraudar. Pido colaboración e paciencia, moita paciencia á cidadanía para ir avanzando aos poucos. A asociación Almirante da Mar Oceana, os seus membros e voluntarios trataremos de ofrecer unhas festas inesquecibles. Iremos anunciando co concello a medida en que se vaia concretando o programa, actos etc."  

 Os departamentos de turismo e cultura do concello da Guarda, a través das súas concellerías, terán tamén un papel fundamental no desenvolvemento das festas tal como veñen desenvolvendo nas celebracións organizadas polo Concello da Guarda (Festa Langosta, Entroido, Nadal)."

Ningún comentario:

Publicar un comentario