Sergio Pérez, de A Guarda, e Diego Pons, de Tui, compartiron o 1º posto do Trail Muiños do Folón e do Picón
Redacción Deportes / O Rosal
Esta fin de semana, o atleta guardés Sergio Pérez Lomba conquistou os 13 km do Trail Muiños do Folón e do Picón, cunha carreira marcada pola velocidade dos corredores, pero sobre todo pola mostra de deportividade.
O guardés aproveitou o seu punto forte baixando e a falta de 2 quilómetros lideraba a carreira en solitario, pero despois de toda á carreira xuntos, o atleta de A Guarda, agardou polo tudense Diego Pons Ramos para deixar unha imaxe de total deportividade cruzando xuntos á liña de meta, e dese xeito, compartiron o primeiro posto da proba.

Ningún comentario:
Publicar un comentario