O Concello da Guarda organiza unha conferencia para conmemorar o Día de Rosalía
• Será a cargo de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, e terá lugar o xoves, 26 de febreiro, ás 19:00h na Casa do Concello da Guarda
Infogauda / A Guarda
Con motivo da celebración do Día de Rosalía o vindeiro 23 de febreiro, o Concello da Guarda organiza para a vindeira semana unha conferencia de Anxo Angueira Viturro, presidente da Fundación Rosalía de Castro.
A conferencia celebrarase o xoves, 26 de febreiro, ás 19:00h na Casa do Concello da Guarda.
Grazas ao escritor e filólogo, nesta conferencia coñeceremos en máis profundidade a historia, vida, obra e influencia de Rosalía de Castro: escritora galega e universal.

Ningún comentario:
Publicar un comentario