O grupo municipal do BNG de Tui informa que o próximo venres, 5 de decembro de 2025, celebrará un acto co titulo: “EXEMPLO DE MONTE FUNCIONAL”
• Realizarase na sala da UNED (Edificio situado ao carón de San Domingos) con hora de inicio ás 20:00 horas.
Grupo municipal do BNG de Tui
O grupo municipal do BNG de Tui informa que o próximo venres, 5 de decembro de 2025, ás 20:00 horas, na sala da UNED (Edificio situado ao carón de San Domingos) celebrará un acto co titulo: “EXEMPLO DE MONTE FUNCIONAL”
O acto estará presentado por Ernesto Cañedo Sainz, que é comuneiro da Comunidade de Montes de Baldráns, e concelleiro do BNG en Tui.
Contaremos coa presenza de Xosé Antón Arauxo, presidente da Comunidade de Montes de Couso (Gondomar), que é graduado en administación e dirección de empresas pola UNED e membro do IEM (Instituto de Estudos Miñoráns).
Tamén foi concelleiro de comercio, turismo, emprego e participación veciñal no concello de Gondomar entre os ano 2015 e 2018.
A Comunidade de Montes de Couso ten acadado diferentes recoñecementos, como o dado pola ONU no ano 2019 (Incorporación ao rexistro ICCA)
Tamen obtivo un recoñecemento do IRGADE pola defensa e uso do galego na comunidade de montes.
No ano 2024, a Xunta de Galiza manifestou que compartiría a experiencia da comunidade de montes de Couso como exemplo de boas prácticas.
Neste ano 2025, foi finalista nos premios Elinor Ostrom, e a prestixiosa Universidade de Harvard, fixo un máster nos propios montes de Couso.
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario