1 de dec. de 2025

DEPORTES

ATLETISMO

A canteira da Escola da Sociedade Atlética do Trega reafirma, un ano máis, o seu dominio no zonal do Cros Escolar do Val Miñor

 Logrando once podios individuais e un por equipos 


Integrantes do equipo e seus adestradores Javier Sierpes e Patricia Pereira
Foto: S.A. do T.

Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes

 A inesgotable entidade tomiñesa non se cansa, ano tras ano, de descubrir o potencial e fomentar o desenvolvemento na formación de novos talentos para a modalidade de cros. 

 Esta fin de semana celebrouse, na praia da Ladeira - antigo campo de fútbol Santa Marta (Sabarís) - o zonal clasificatorio para obter billete para o próximo provincial, que terá lugar o día 13 deste mes, dentro do programa Xogade en idade escolar. 

 O noso club desprazou unha vintena de atletas, quen demostrou con fartura o seu alto nivel, arrasando e mandando en case todas as categorías. Fixeron unha auténtica exhibición de poderío atlético, lucindo as nosas cores e comandando sempre os primeiros postos das probas, obtendo un magnífico resultado final. 

Os máis destacados nesta ocasión foron: 

Ouros: 

Sergio Silva Souto, sub-16 cadete masculino. 

Alba Vasconcelos Rodríguez, sub-16 cadete feminino. 

Hugo Rodríguez Gómez, sub-14 infantil masculino. 

Nadia Conejo Bascoy, sub-14 infantil feminino. 

Ainoa Conejo Bascoy, sub-10 benjamín feminino. 

Rosalía González Pérez, sub-8 prebenjamín feminino. 

Prata: 

Xoel Pérez Montero, sub-14 infantil masculino. 

Bronces: 

Nerea Gándara Prol, sub-16 cadete feminino. 

Lucas González Pérez, sub-10 benxamín masculino. 

Cuartos e quintos postos: 

Martín Rodríguez Castro, cuarto clasificado sub-14 masculino. 

Adela Vasconcellos Rodríguez, cuarta clasificada sub-12 alevín feminino. 

Por equipos: 

 Primeiro posto para o conxunto formado por Hugo Rodríguez Gómez, Xoel Pérez Montero, Martín Rodríguez Castro, Moncho Carreiro Pérez e Martín Piñeiro Casaleiro. 

 Moitas felicidades a todos e aos adestradores Javier Sierpes e Patricia Pereira. 

 Moita sorte para o provincial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario