1 de dec. de 2025

A GUARDA

José Ángel Gándara Rodríguez, presidente da Asociación Almirante de la mar Oceánica

"(...) Cristóbal Colón non era xenovés. Estamos seguros que era de Poio (...)"


 José Ángel Gándara Rodríguez, presidente da Asociación Almirante de la mar Oceánica 
Foto: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Natural de Camposancos (A Guarda), José Ángel Gándara Rodríguez é unha persoa cun ADN especial. Decímolo porque coñecémolo dende fai máis de catro décadas. Primeiro pola súa profesión de fotógrafo profesional, que exerceu ao longo de moitos anos - na actualidade traballa como mariño mercante -, e despois por ser un dos cofundadores da Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios (Ábaco). 

 Asemade sabemos da súa vocación e ampla traxectoria como filatélico, sendo membro - e actualmente presidente -, da Sociedade Filatélica e Numismática de A Guarda. Súa colección de selos "Colón: Rumbo a las Yndias" é todo un exemplo de éxito, coa cal ten logrado numerosos galardóns, tanto a nivel autonómico, como nacional e internacional.

 En todo caso, logo de haberse celebrado o pasado venres, 28 de novembro, á presentación da Asociación Almirante de la mar Oceánica, da cal José Ángel Gándara Rodríguez, e membro fundador e primeiro presidente, nesta ocasión, mantivemos con el á seguinte entrevista: 

Se tivese que facer súa autopresentación, cómo sería esta? 

- Supoño que será por inquietude, ben por profesión ou afición.  

Qué lle motiva a estar – ou haber estado – simultáneamente, en diferentes asociacións? 

- Como dixen anteriormente será por inquietude. 

Cómo xurdíu o proxecto de crear a Asociación Almirante de la mar oceánica

- Todo comenzou en 2018 a raíz da presentación do meu libro “Colón; Rumbo as Yndias” que empezamos a xuntarnos en un principio, Antonio Cid, Víctor Álvarez Coballes i eu, para charlar e intercambiar impresión, novidades, etc, arredor da teoría galega de Cristóbal Colón. Logo co tempo se uniu Celso [Rodríguez] Fariñas que foi quen nos animou a constituir unha asociación.    

Cales son – estatutariamente – os fins da asociación? 

- Sobretodo a divulgación da figura de Cristóbal Colón e a súa orixe galega.  

Cantas persoas figuran como membros cofundadores da mesma, cómo se chaman e onde residen? 

- Membros fundadores somos seis: Antonio Cid Vázquez, Joaquín Cadilla Castro, Francisco José Portela Baz, Ramón González González, Víctor Álvarez Coballes, mais eu. Practicamente todos residimos aquí,  inda que algúns por motivos laborais non sempre nos atopamos en A Guarda. 

Cal é o ámeto xeográfico da asociación? 

- O ámbito da asociación é A Guarda.   

Teñen algunha previsión respecto as actividades a realizar, a curto, medio ou longo prazo? 

- A nosa intención a curto prazo e seguir con conferencias a cargo de investigadores da teoría galega da patria de Colón. 

 A medio e longo prazo a idea e facer unha biblioteca colombina e relación co mar así como publicacións de investigación da teoría pontevedresa do encontro de dous mundos.  

Cómo, onde, ou de qué xeito, poden contactar ás persoas que desexen solicitar súa admisión como asociadas? 

- Pois de momento contactando con calquera dos membros fundadores, pois de momento carecemos de calquer outro medio. Estamos empezando. 

Foi complexo o proceso de dar de alta a asociación?

- Pois sí. 

Por qué motivos? 

- Tivemos moitos inconvenientes co nome da asociación para aprobar os estatutos. Pretendíamos que levase algo de relación de Colón e Galicia e foi imposible. Despois dun ano nos decidimos por Almirante da Mar Océana, inda que non sabemos de quen foi, por erro aparece como Oceánica.  

Teñen coñecemento de cantas asociacións colombinas existen, a día de hoxe, en Galicia ou no estado español? 

- Ata onde eu sei, hai dúas en Pontevedra. 

Qué nos pode decir sobre Pedro Álvarez de Soutomaior e o encontro entre dous mundos? 

- Hai moitos indicios de que Colón sexa de Pontevedra. É o único lugar onde aparece escrito o apelido Colón, a súa escritura, toponimia, condición, etc. 

 Que él sexa a misma persona que Pedro Madruga? Hai dúbidas, o que si é certo e chama moito a atención, e a relación que houbo sempre entre os descendientes de Colón e Pedro Maduga. 

Cando estima que se poderá confirmar finalmente, de xeito categóríco, a identidade galega de Cristóbal Colón? 

- Eu creo que categóricamente ningunha das teorías. O propio Colón e os seus descendentes trataron de ocultar a súa procedencia, polo tanto será moi complicado, pero nós defendemos e estamos seguros que era de Poio (Pontevedra), e que si podemos decir categóricamente que xenovés, como se trata de vender, é totalmente falso 

Algo máis que engadir? 

- Todo aquel que lle inquiete ou lle interese este tema que se poña en contacto connosco. Cantos mais sexamos, máis sumamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario