10 de out. de 2025

VIGO

FOLGA INDEFINIDA A PARTIR DO 15 DE OUTUBRO EN BORGWARNER 

POLAS CATEGORÍAS PROFESIONAIS E O PLAN DE IGUALDADE 


Protesta do persoal de BorgWarner

Comité de empresa de BorgWarner / Vigo

 O comité de empresa (CIG, UGT, CGT, USO e CCOO) de BorgWarner Emissions System Spain SL, con centros de traballo en Zamáns (Vigo), Porto do Molle (Nigrán) e no Polígono da Granxa (O Porriño), queren informar da situación de conflito actual polos seguintes motivos: 

- Borgwarner vén incumprindo o acordo na negociación colectiva de outubro 2023 que obrigaba a actualizar o encadramento das categorías profesionais e postos de traballo recollidos no seu convenio colectivo, logo dun período de negociación interno nas distintas comisións de traballo no que a dirección amosou un bloqueo total e mala fe negociadora. Chegando a vulnerar a liberdade sindical no eido da negociación colectiva, xa que a empresa crea e negocia coas persoas traballadoras de forma individual en materia de clasificación profesional. 

- Obstaculización da negociación do III Plan de Igualdade, xa que nun período dun ano as partes só tiveron 8 xuntanzas, optando a dirección por dilatar e incumprir o regulamento asinado polas partes, coa falta de entrega da documentación legalmente establecida. Falta de resposta reiterada ás peticións, preguntas e obrigas legais que ten a dirección co comité de empresa. 

 Nestes anos a multinacional está a percibir unha gran cantidade de fondos públicos a través dos Gobernos do Estado español e da Xunta de Galiza e resto de administracións, a través de fondos PERTE, para proxectos relacionados co vehículo eléctrico, polo que non entendemos a postura radical e incumpridora que toma a dirección actual da empresa cara ás persoas traballadoras.  

 Diante disto, o comité de empresa decidiu iniciar medidas de acción sindical co obxectivo de reverter a situación. 

CONVOCANDO UNHA FOLGA DE CARÁCTER INDEFINIDO QUE DARÁ COMEZO O VINDEIRO MARTES 14 AS 22:00 HORAS                                                          

Vigo, 10 de outubro de 2025.    

(R.)                         

Ningún comentario:

Publicar un comentario