A Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM) conmemorou seu 40º aniversario
Agustín Ferreira Lorenzo / A Guarda
O día 3, do pasado mes de xuño, ANABAM cumplía 40 anos de presenza no Baixo Miño galego-portugués.
Ao longo deste tempo, foron moitas as actividades, actos, reivindicacións, loitas, éxitos e fracasos acadados no conservacionismo baixomiñoto desenvolto por esta asociación. Por poner algúns exemplos, podemos citar: pioneiros na protección real da píllara das dunas na Península Ibérica e, posiblemente a nivel europeo; reintrodución de especies desaparecidas por mor da intervención humana, como é no caso da praia de Camposancos onde recuperamos dúas plantas: a Otanthus marítimus (carrasca de San Xoán) e a Honckenia peploides. Pero tamén evitamos impactos tan negativos como un porto deportivo na Pasaxe (Camposancos), por tres ocasións; un campo de golf na Boega e outro en Pinzás (Tomiño); Conseguimos que se deixara de cazar no último tramo do Miño; etc, etc.
O pasado sábado, 4 de outubro, conmemoramos o 40 aniversario cun acto no Centro Cultural, no que se fixo referencia a estes 40 anos; entregamos os premios, logo dun sorteo, ás persoas que participaran na campaña de protección dos niños de andoriña no Baixo Miño; nomeamos socios de honra a tres persoas que colaboraron económicamente con ANABAM permitindo dese xeito que puideramos facer fronte aos gastos das campañas de protección da biodiversidade do Baixo Miño. Trouxemos á Guarda, por primeira vez, ao cuarteto “Cuerdas Atlánticas”, que deleitaron a tódolos presentes con nove pezas onde se mesturou a música clásica con outra máis moderna.
En definitiva, un acto que, a tenor dos comentarios, foi de máximo agrado entre as persoas presentes, e por suposto, para os que formamos parte desta entidade conservacionista, creada no ano 1985.
Ningún comentario:
Publicar un comentario