6 de out. de 2025

O PORRIÑO

Mobilización do persoal da Unidade de Reparto de Correos

 Este martes, 7 de outubro, de 13:40 a 14:00 horas, diante do Concello do Porriño


Carteira da Unidade de Reparto de Correos
Foto: CIG

Infogauda / O Porriño

 O persoal da Unidade de Reparto de Correos no Porriño inicia mobilizacións para denunciar a sobrecarga de traballo que padece tras a reestruturación da oficina coa eliminación de tres prazas. 

 Esta situación empeorou durante o pasado verán, xa que a dirección da empresa pública non cubriu nin as vacacións nin baixas de varias persoas traballadoras, tendo que aumir o resto do persoal as súas funcións. 

 A intención da CIG-Correos é que as mobilizacións se desenvolvan coincidindo coa pausa do bocadillo unha vez á semana até que a compañía atenda as súas demandas e dote a Unidade de Reparto do Porriño do persoal necesario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario